DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN de 30 de novembro de 2004 sobre concesión do título-licenza de axencia de viaxes do grupo retallista a Viajes Navaza, S.L.L., con casa central na rúa Perú número 3 baixo, Carballo ( A Coruña).

Examinado o expediente instruído por instancia de Juan Pablo Sánchez Navaza, representante legal de Viajes Navaza, S.L.L., titular da axencia de viaxes Viajes Navaza, S.L.L., en solicitude de concesión do oportuno título-licenza de axencia de viaxes do grupo retallista.

Resultando que coa referida solicitude achegouse toda a documentación que se indica no artigo 6 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante concorren todas as condicións exixidas polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, para a obtención do título-licenza de axencias de viaxes do grupo retallista.

Considerando que na tramitación do expediente observáronse todos os requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Conceder título-licenza de axencia de viaxes do grupo retallista con XG-230 a Viajes Navaza, S.L.L., con casa central na rúa Perú nº 3 baixo, Carballo (A Coruña) da que é titular Viajes Navaza, S.L.L., que poderá exercer a súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ao preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde

o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago, 30 de novembro de 2004.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo