DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/191-2, 6308 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. na estrada de Santiago de Compostela.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV con orixe nun paso aéreo-soterrado na L.M.T. existente Grupo Escolar A Ponte e final no C.T. Camiño do Agro, en condutor R.H.Z. 1-3x(1x150 mm Al), cunha lonxitude de 283 m.

C.T. prefabricado de Camiño do Agro cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA relación de transformación de 20.000/400-230 V.

R.B.T. aérea con orixe no C.T. Camiño do Agro cunha lonxitude de 95 m en condutor R.Z. tensado sobre apoios de formigón ou grampado sobre fachada.

R.B.T.S. soterradas con orixe no C.T. Camiño do Agro, cunha lonxitude 78 m en condutor R.V. aloxado en gabia baixo tubaxe.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 12 de novembro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo