DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica reelectrificación en Graña e Penavaqueira, concello de Xermade. (Expediente 008/2003 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: BEGASA.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración na zona.

Características técnicas principais:

-Liña eléctrica de media tensión ao C.T. de Graña, con orixe na L.M.T. existente Vilalba-Muras e remate no C.T. Graña de 317 m de lonxitude, a 20 kV sobre apoios metálicos, en condutor LA-56/54,6 mm.

-Liña eléctrica de media tensión derivación ao C.T. de Vilar, con orixe na L.M.T. existente Vilalba-Muras e remate no C.T. Vilar, de 997 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en condutor LA-56/54,6 mm.

-Liña eléctrica de media tensión derivación ao C.T. de Boucello, con orixe na L.M.T. proxectada derivación ao C.T. Vilar e remate no C.T. Boucello, de 461 m de lonxitude, a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón, en condutor LA-56-54,6 mm.

-Centro de transformación aéreo de intemperie de Graña, de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20 kV/400-230 V.

-Centro de transformación aéreo de intemperie de Vilar, de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20 kV/400-230 V.

-Centro de transformación aéreo de intemperie de Boucello, de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20 kV/400-230 V.

-Rede de baixa tensión aérea con orixe no C.T. de Graña, de 2,20 km de lonxitude sobre apoios de formigón en condutor R.Z.

-Rede de baixa tensión aérea con orixe no C.T. de Vilar, de 1,25 km de lonxitude sobre apoios de formigón, en condutor R.Z.

-Rede de baixa tensión aérea con orixe no C.T. de Boucello de 0,650 km de lonxitude sobre apoios de formigón, en condutor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ao amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto esta resolución de información pública, na que se relacionan todos os bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla 70, Lugo) e formular as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que estimen oportunas, podendo corrixir os erros que se encontren ao relacionar os bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 11 de novembro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 008/2003 A.T.Provincia: Lugo.

Reelectrificación en Graña e Penavaqueira (Roupar)Termo municipal: Xermade

L.M.T. a C.T. Graña

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

1aBuscaltePradoAndrés Pita RocaBispo Argaya nº 114-116, 2º D-A

Gándara-Narón (A Coruña)

10,50

1bBuscaltePradoMarcelino Hermida GuerreiroTorre-Roupar, Xermade (Lugo)10,5026156

2BuscaltePradoMaría Pita RocaRúa Somozas, nº 4-3º D, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)19263

3BuscaltePradoMaría Pita RocaRúa Somozas, nº 4-3º D, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)18

4BuscaltePradoHumberto Pardo BalsaPortadavila 6, Roupar, Xermade (Lugo)43430

5BuscaltePradoMarcelino Hermida GuerreiroTorre-Roupar, Xermade (Lugo)21210

6BuscaltePradoPilar Hermida PazAvda. Santa Cecilia, 58, 1º Narón (A Coruña)17170

7BuscaltePradoFrancisco Hermida PernasBuscalte-Roupar, Xermade (Lugo)20,5020200

8BuscaltePradoNieves e Jesús Roca FelpetoBuscalte Roupar, Xermade (Lugo)20,5010

10O PradoPradoJosefa Pita RocaDescoñecido53540

11BuscaltePrado/monte altoAntonio Ferreiras Pernas

e outros

Descoñecido45450

13A GanaPradoElena Vélez CabaleiroGraña-Roupar, Xermade (Lugo)31660

L.M.T. a C.T. Vilar

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

5Xeixos BlancosMonte baixoMª Carmen Ramos PenaR/ Poboados das Veigas, nº 52, 6F As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)221501.500

11A GrañaMonte altoJesús Rochela Vilar e outrosR/ Pontedeume nº 5, 1º, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)50,50104728

12A GrañaMonte altoArtemio Cela CastroR/ Levante, nº 5, baixo

08905 Hospitalet de Llobregat (Barcelona)

50,50104936

14A GrañaMonte altoJesús Rochela Vilar e outrosR/ Pontedeume, nº 5, 1º, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)80640

15A GrañaMonte altoArtemio Cela CastroR/ Levante, nº 5, baixo

08905 Hospitalet de Llobregat (Barcelona)

80640