DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/661-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36000 Ponteareas.

Denominación: L.M.T., C.T. Crespos-Mouriscados.

Situación: concello de Mondariz.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 1.715 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Meirol-Paraños e remate no C.T. proxectado, en caseta prefabricada, de 160 kVA R.T. 20 kV/230-400 V, emprazado en San Xoán, Mouriscados, no concello de Mondariz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 10 de novembro de 2004.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra