DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/185-2, 6313 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades

de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. sot. C.T. 630 kVA en edif., conex. R.B.T. existente na rúa Pontes.

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: L.M.T. A Coruña-rúa Pontes soterrada a 20 kV con orixe no C.T. A Coruña e final no C.T. de rúa Pontes, en canalización proxectada e existente cunha lonxitude de 60 m.

L.M.T. rúa Pontes-cooperativa soterrada a 20 kV con orixe no C.T. de rúa Pontes e final no C.T. de cooperativa, en canalización proxectada e existente cunha lonxitude de 100 m.

C.T. en edificio de interior proxectado para unha potencia máxima de 630 kVA cunha potencia inicial de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

R.B.T. soterrada con orixe no C.T. rúa Pontes cunha lonxitude de 100 m en condutor R.V. 240, a cal alimentará a un edificio de nova construción e conectará coas R.B.T.S. existentes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 10 de novembro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo