DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/54-2, 6185 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación en Perros.

Situación: Muras.

Características técnicas: L.M.T. de 20 kV con orixe na L.M.T. Vilalba-Muras e final no C.T. de Perros, cunha lonxitude de 422 m sobre apoios de formigón e metálicos en condutor LA-56.

C.T.I. de Perros sobre apoio metálico, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/420-230 V.

R.B.T. con orixe no C.T. de Perros e unha lonxitude total de 650 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 5 de novembro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo