Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23, 2º, of. 2, 36280 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. edificio Praza do Concello; rúa Raíña Dona Urraca.
Situación: concello de Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV con condutor R.H.V. de 101 m de lonxitude, con orixe nun apoio da L.M.T. xeral Salvaterra-polígono e remate no C.T. proxectado, de 630 kVA R.T. 20 kV/230-400 V, emprazado no edificio Praza do Concello, na rúa Raíña Dona Urraca de Salvaterra de Miño. R.B.T. de 70 m de lonxitude total con condutor R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 4 de novembro de 2004.
P.A.
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra