DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/729-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23, 2º, of. 2, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. edificio Espiga; rúa Rosalía de Castro.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV con condutor R.H.Z. de 95 m de lonxitude, con orixe no C.T. existente Salceda grupo escolar, e remate no C.T. proxectado, de 630 kVA R.T. 20 kV/230-420 V, emprazado no edificio Espiga, na rúa Rosalía de Castro de Salceda de Caselas. R.B.T. de 25 m con condutor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 4 de novembro de 2004.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra