DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/711-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23, 2º, of. 2, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. edificio Auditorio.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV con condutor R.H.Z. de 85 m de lonxitude, con orixe no C.T. existente no edificio As Carballas, na rúa Pontevedra, e remate no C.T. proxectado, de 400 kVA R.T. 20 kV/230-420 V, emprazado no edificio Auditorio, na rúa Praza do Concello de Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 25 de outubro de 2004.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra