DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/710-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23, 2º, of. 2, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. edificio Tres Ríos; rúa Curros Enríquez.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV con condutor R.H.V. de 135 m de lonxitude, con orixe no C.T. existente no edificio Ceo Anduriñas 1, e remate no C.T. proxectado, de 630 kVA R.T. 20 kV/230-420 V, emprazado no edificio Tres Ríos, na rúa Curros Enríquez de Salvaterra de Miño. R.B.T. de 170 m de lonxitude total con condutor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 25 de outubro de 2004.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra