DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2004 pola que se corrixen erros na do 9 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra de clave PO/02/048.03.

Advertidos erros na resolución citada anteriormente, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 243, do xoves 16 de decembro de 2004,

DISPOÑO:

Primeiro.-Na páxina 17.418, columna da esquerda, onde di: «Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e. Grupo A, subgrupo 2, categoría e», debe dicir: «clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e. Grupo B, subgrupo 2, categoría e».

Segundo.-Na páxina 17.418, columna da dereita, onde di: «8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11.00 horas, do día 26 de agosto de 2004, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda», debe dicir: «8. Apertura das ofertas: tera lugar ás 11.00 horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións».

Terceiro.-Como consecuencia das devanditas correccións modifícase o prazo de admisión das proposicións, que rematará ás 12.00 horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ao da publicación do anuncio desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2004.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda