DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.351

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (495/2004-A).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos número 495/04-A seguidos por instancia de Mónica Vázquez BEa contra empresa Festival Cruceros, S.A. sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, ditou setenza, con data do 18 de outubro de 2004, coa seguinte parte dispositiva:

«Ditamino que, estimando a demanda interposta por Mónica Vázquez Bea, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a cantidade de 4.328,56 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e en tal sentido e debo condenar e condeno a empresa Festival Crucero, S.A. a que estando e pasando por tal declaración lle aboe á demandante a cantidade de 4.328,56 euros en concepto de salarios e liquidación.

Notífiqueselles esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ao ser notificada, e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar ao anunciar o recurso, o ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banesto, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a empresa Festival Cruceros, S.A. que tivo o seu último enderezo coñecido na Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 29 de novembro de 2004.

María Jesús Hernando Arenas

Secretaria xudicial

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA