DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.351

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (1835/2003).

Isabel Freire Corzo, secretaria da sección terceira da Audiencia Provincial certifica que no presente recurso nº 1835/2003, dimanante dos autos de menor contía 135/2000 do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispostiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.-Presidente Juan Ángel Rodríguez Cardama; maxistrados: Rafael Jesús Fernández-Porto García, María del Carmen Mosquera Rodríguez.

Na Coruña, o trinta de xullo de dous mil catro. Vistos pola sección terceira desta audiencia provincial, constituída polas persoas citadas, estes autos de menor contía número 1835/2003 que ante ela penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, en que é parte como apelante María Mella Cañas, representada polo procurador o sr. Gandoy Fernández e baixo a dirección do letrado sr. Ulloa Ayora, e doutra, como apelados: María del Carmen Sanjurjo Méndez e María Isabel Mella Sanjurjo, Constantino Mella Cañas (falecido), representados polo procurador sr. Estévez Doamo e baixo a dirección do letrado sr. Estétevez Doamo. E, en situación procesual de rebeldía, Lucía Mella Cañas, Mercedes García de la Iglesia, Lidia, Lucía, Inés e María Dolores Mella Cañas, Constantino e José Manuel Mella Sanjurjo, versando os autos sobre reclamación e cumprimento de legado.

Decidimos que, con desestimación do recurso de apelación interposto contra a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña do 24 de xuño de 2002, debemos confirmar e confirmamos a citada resolución con imposición á parte apelante das custas desta alzada. Así, por esta nosa sentenza,

pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Asinado: Juan Ángel Rodríguez Cardama, Rafael Jesús Fernández-Porto García, María del Carmen Mosquera Rodríguez».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia e lles sirva de notificación aos rebeldes Lucía Mella Cañas, Mercedes García de la Iglesia, Lidia, Lucía, Inés e María Dolores Mella Cañas, expídese e asínase este edicto na Coruña o dezaoito de novembro de dous mil catro.

A secretaria

Rubricado