DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.350

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación de sentenza (1314/2003-MA).

Manuel Ferreiro González, secretario da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, certifica que nos presentes autos de apelación se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Rolo: recurso de apelación 1314/2003-MA.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Betanzos.

Número 329.

Na Coruña, o vinte e nove de outubro de dous mil catro.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por María del Carmen Taboada Caseiro, María José Pérez Pena e Luis Barrientos Monge, maxistrados.

En nome de El-Rei pronunciaron a seguinte sentenza:

«Visto en grao de apelación perante esta sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña os autos de menor contía 156/2000, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, aos que lle correspondeu o rolo 1314/2003, en que aparece como parte apelante Margarita Botana Mosquera e como apelado Antonio Vázquez Beade e Antonia Barros Mallo e Manuela Mayo Vázquez, en situación de rebeldía procesual, sobre acción declarativa de domino, deslinde e marcación, e sendo maxistrado relator Luis Barrientos Monge.

Decidimos que, con desestimación do recurso de apelación promovido pola representación procesual de Margarita Botana Mosquera, contra a sentenza de data 20 de xaneiro de 2003, ditada nas presentes actuacións acumuladas de xuízos de menor contía números 156 e 304/2000, debemos confirmar e confirmamos a dita resolución.

Impónselle á parte recorrente as custas da alzada, por ser preceptivo.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste, para os efectos oportunos, expido e asino esta cédula na Coruña o vinte e nove de novembro de 2004.

O secretario

Rubricado