DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.350

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 22 de decembro de 2004 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado pola Orde do 26 de outubro de 2004.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, por Orde do 26 de outubro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 217, do 8 de novembro), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de confirmidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 26 de outubro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 217, do 8 de novembro de 2004).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obten praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo e tal como dispón a base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazo de posesión iniciarse cando remate o permiso ou licenza que, se é o caso, lle fose concedido ao interesado. No suposto de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado a Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a

redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2004.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Apelidos e nome: Veiga Aguiar, Fernando.

NRP: 33328764 02A2066.

Grupo: A.

Corpo/Escala: facultativo superior da Xunta de Galicia/enxeñeiro de montes.

Código posto: MA.C99.15.040.15560.001.

Denominación posto: xefe Distrito IV.

Centro directivo: Delegación Provincial da Coruña.

Localidade: Noia.

Nivel C. destino: 26.