DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.349

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 004 (auxiliar de fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fan públicas as puntuacións do terceiro exercicio das quendas de promoción interna e acceso libre.

En sesión que tivo lugar o 22 de decembro de 2004 o tribunal IV-E, designado pola Orde do 20 de agosto de 2004 pola que se nomean os membros do tribunal que deberán cualificar o proceso selectivo para o acceso á categoría 004 (auxiliar de fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de

internado) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 19 de decembro de 2003 (DOG nº 252, do 30 de decembro), e de conformidade co disposto na dita orde de convocatoria

ACORDOU:

Primeiro.-De conformidade co disposto na base II.2.1 c) das respectivas ordes do 19 de decembro de 2003, só se presentaron á realización do terceiro exercicio oito opositores, xa que o resto dos opositores que superaron o segundo exercicio están exentos da realización deste exercicio por teren acreditado, xunto coa solicitude, a posesión do curso de iniciación de galego.

Segundo.-Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes no terceiro exercicio da oposición, todos eles da quenda de acceso libre, realizado o día 17 de decembro de 2004, que se inclúe como anexo desta resolución.

Terceiro.-Consonte o disposto na base II.2.1 c) da convocatoria, superou o exercicio o aspirante que obtivo a cualificación de apto.

Cuarto.-Os aspirantes poderán presentar as alegacións que coiden oportunas, en relación coa puntuación acadada, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-De acordo co establecido na base II.1.6. os aspirantes que superaron todas as probas disporán, como máximo, de prazo ata o día 18 de xaneiro de 2005 para presentar a documentación relativa á fase de concurso, así como a documentación acreditativa das condicións establecidas na base I.2 da convocatoria: a fotocopia compulsada do título exixido en relación co anexo I, ou certificación académica que acredite ter realizados todos os estudos para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite, de modo que faga fe, a posesión do correspondente título académico.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2004.

María Eugenia Pérez Fernández

Presidenta do Tribunal IV-E

ANEXO

35285301Óscar Monteagudo Escariz:apto.

78787063Mª Mercedes Cabanas González:apta.

02652296José Lloveres Navarro:apto.

76822533Jacqueline Viana Aguiar:apta.

36099933Antonio Pereira Saborido:apto.

53173968Carlos Canal Rodríguez:apto.

01100681Silvia B. Costas Abril Fischer:apta.

53169183José Manuel Díaz Sánchez:apto.