DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.348

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2004, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listaxes definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 217/2003, do 11 de abril, correspondentes á categoría 061 (oficial laboratorio e outras) do grupo III, de conformidade co establecido na Resolución do 17 de novembro de 2003.

Rematados os prazos fixados pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 4 de xuño de 2004 (DOG nº 111, do 10 de xuño) pola que se fan públicas as listaxes provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, correspondentes á categoría 061 (oficial laboratorio e outras) do grupo III, constatada a existencia dalgúns erros materiais e vistas as alegacións formuladas polos interesados polas comisións permanentes para a contratación temporal de persoal laboral, na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listaxes definitivas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondentes á categoría 061 (oficial laboratorio e outras) do grupo III. As listaxes estarán expostas na forma que seguidamente se indica:

-Solicitantes admitidos na listaxe con indicación da puntuación.

-Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-As citadas listaxes atópanse expostas nos taboleiros de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia. Así mesmo, os ditos datos poderán consultarse nas páxinas oficiais da internet da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listaxes entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, quedando desde ese momento sen efecto as listaxes elaboradas conforme os decretos 89/1997, do 10 de abril e 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 061 (oficial laboratorio e outras) do grupo III.

Cuarto.-Os solicitantes excluídos, de ser o caso, disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, achegando, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Quinto.-De conformidade co establecido na epígrafe 3.2.2. da base 3ª da Resolución do 17 de novembro de 2003 (DOG nº 228 do 24 de novembro), desde o día seguinte ao da publicación no DOG do anuncio de exposición das listaxes definitivas desta convocatoria quedará permanentemente aberto o prazo para a presentanción de novas solicitudes segundo o establecido nos artigos 3 e 8.4º do Decreto 217/2003, do 11 de abril.

Sexto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2004.

Milagros Vázquez Tenorio

Directora xeral da Función Pública