DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.333

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de decembro de 2004 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral

e especial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004 (DOG nº 47, do 8 de marzo), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76, do 20 de abril),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de dez (10) prazas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de oposición.

O proceso selectivo constará dunha fase de probas selectivas e outra fase consistente na superación dun curso selectivo, coas probas, puntuacións e materias que se sinalan nesta orde e os seus anexos.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ao sistema de promoción interna ascende a cinco (5) prazas, correspondente ao 50% do total de vacantes.

O número total de vacantes reservadas ao sistema de acceso libre ascende a cinco (5) prazas. As prazas sen cubrir das reservadas ao sistema de promoción interna acumularanse ao sistema de acceso libre.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e co Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, do total de prazas do sistema de acceso libre reservarase unha (1) para ser cuberta por persoas con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

No suposto de que esta praza non sexa cuberta, pasará a integrarse nas restantes prazas de acceso libre. Así mesmo, no suposto de que algún aspirante con minusvalidez que se presentase pola cota de reserva de discapacitados superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza, e a súa puntuación fose superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso libre, será incluido pola súa orde de puntuación no sistema de acceso libre.

1.1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos sistemas citados. Se da instancia que se presente non se deduce a súa opción, serán excluídos nas listas provisorias que se publiquen. De non emendar o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídos. Polo tanto, após a publicación da listaxe

definitiva de admitidos e excluídos, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración ao respecto.

I.1.4. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 17/1993, do 23 de decembro, de acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos estados membros da Unión Europea, e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.1.5. Rematada a fase de oposición procederase á distribución das prazas convocadas entre as especialidades da escala técnica de finanzas. A opción entre cada unha das especialidades realizarana os aspirantes que superen a fase de oposición, de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos exercicios da dita fase. Os aspirantes procedentes da quenda de promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes que proveñan do sistema xeral de acceso libre para elixiren a especialidade correspondente.

I.1.6. A adxudicación das prazas aos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida por estes ao longo de todo o proceso, dentro de cada unha das especialidades da escala técnica de finanzas, unha vez aplicado o disposto na base V.8 desta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como funcionario os seguintes requisitos:

I.2.1. Nacionalidade.

a) Ser español.

b) Ser nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún estado en que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, cando así o prevexa o correspondente tratado, e dos nacionais dalgún estado a que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do cónxuxe menores de

vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

I.2.2. Idade: ter dezaoito anos e non ter alcanzado a idade de xubilación.

I.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

I.2.4. Compatibilidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.5. Habilitación: non estar separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar, igualmente, non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

I.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

Os aspirantes que concorran á convocatoria de acceso por promoción interna deberán cumprir ademais:

I.2.7. Pertenza ao corpo: os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertenceren, a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo B (corpo de xestión de Administración ou corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia) ou no grupo C (corpo administrativo ou corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

I.2.8. Antigüidade: ter prestado servizos efectivos, polo menos, dous anos como funcionario nos corpos ou escalas do mesmo grupo de titulación ou do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo ou escala a que se pretende acceder.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ao modelo que se publica como anexo IV desta convocatoria. Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

Os aspirantes estranxeiros que residan en España deberán presentar, ademais, unha fotocopia cotexada

da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario en vigor ou, se é o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario ou de traballador comunitario fronteirizo en vigor.

Os aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún estado a que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, que non residan en España, ben por residiren no estranxeiro ou por atopárense en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia cotexada do documento de identidade ou pasaporte.

Os familiares dos anteriores deberán presentar unha fotocopia cotexada do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a exención do visado e da correspondente tarxeta. De non ter solicitado estes documentos, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo do parentesco e unha declaración xurada ou promesa do español, do nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou do nacional dalgún estado a que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, co que existe este vínculo, de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame expedidos pola entidade bancaria correspondente.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 31,62 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo V. O dito impreso facilitaráselles aos interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo V. Non obstante, para o cumprimento do anterior requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que, como anexo, forma parte desta convocatoria.

Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, circunstancia que se deberá acreditar documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A presentación do xustificante do ingreso das taxas en que non figure o selo da entidade bancaria con indicación da data, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, aos aspirantes excluídos que o soliciten, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública a que fai referencia o punto terceiro da base I.4.2.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista no cuarto exercicio.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase nas oficinas do rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ao organismo competente.

Para calquera aclaración ou información adicional, os interesados poderán poñerse en contacto telefónico no número 902 12 00 12, das 9.00 ás 19.00 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas aos sábados.

1.3.3. Os aspirantes cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% a que se refire a base I.2.6 deberán indicalo expresamente na solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente. Así mesmo, deberán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo iso conforme o contido na Lei 13/1982, do 7 de abril, e no Decreto 51/2004, do 4 de marzo, pola que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2004.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública, ditará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como

oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente, e na cal se declarará aprobada a lista provisoria de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión, e a indicación do lugar en que están expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das peticións de emendas entenderase implícita na resolución por que se publique a lista definitiva de admitidos e excluídos.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución definitiva, contra a que se poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que se debe presentar, no caso de superar a fase de oposición do proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación neste procedemento.

II. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexos I, II e III desta convocatoria.

II.1. Exercicios.

II.1.1. As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios, e obrigatorios, agás para os aspirantes ás prazas pola quenda de promoción interna e os aspirantes a que se refire o segundo parágrafo da base seguinte, que estarán exentos da realización do primeiro exercicio, sen prexuízo do disposto no último parágrafo da base II.1.7.

II.1.2. Na vindeira convocatoria destas probas, poderán acceder directamente ao segundo exercicio os aspirantes que aproben o primeiro na presente, conservando a cualificación obtida.

De igual xeito, na presente convocatoria poderán acceder directamente ao segundo exercicio os aspirantes que aprobaron o primeiro na convocatoria realizada pola Orde do 10 de decembro de 2002, (DOG

nº 245, do 20 de decembro) conservando a cualificación obtida naquel momento no dito exercicio.

II.1.3. Primeiro exercicio: consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de cen (100) preguntas tipo test, máis tres preguntas de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente polo tribunal e que este proporá para a súa realización. O seu temario figura no anexo I desta convocatoria.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ao final del.

No prazo das vinte e catro horas seguintes ao da celebración farase público, no lugar de realización do exercicio, o modelo do test, indicando as respostas correctas.

O exercicio terá unha duración máxima de dúas horas. Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territoriais, e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose un prazo de dez días para efectos de alegacións.

Este exercicio celebrarase no prazo máximo de corenta (40) días desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

II.1.4. Segundo exercicio: consistirá na resolución por escrito dun caso práctico proposto polo tribunal que será o resultante do sorteo levado a efecto entre dous elixidos previamente por este, sobre as materias sinaladas no anexo II desta convocatoria.

O exercicio terá unha duración máxima de cinco horas. Cualificarase de 0 a 35 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 17,50 puntos, correspondendo ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar a puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territoriais, e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es) unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose un prazo de dez días para efectos de alegacións.

O exercicio celebrarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

II.1.5. Terceiro exercicio: este exercicio constará de dúas partes. A primeira parte consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de dez preguntas proposto polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por este sobre as materias comprendidas no anexo III desta convocatoria. O tempo máximo de duración será dunha hora. A segunda parte consistirá en desenvolver, por escrito, no prazo máximo de catro horas dous temas extraídos ao chou de entre os que forman o contido do programa comprendido no anexo III. Os temas iranse desenvolvendo a intervalos de dúas horas cada un, realizándose sucesivamente, logo de chamamento do tribunal. Posteriormente, serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo o seu autor, ou na súa imposibilidade, por rogo del e na súa presencia, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

O tribunal poderá dispoñer a obtención de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexar a lectura efectuada polo aspirante.

Este exercicio cualificarase de 0 a 35 puntos, sendo necesario para superalo obter 17,50 puntos como mínimo, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar a puntuación mínima. Esta cualificación total obterase pola suma da correspondente á primeira parte, que se cualificará de 0 a 17,50 puntos, e da segunda parte que se cualificará de 0 a 17,50 puntos. Esta suma non poderá ter lugar no suposto de que a cualificación obtida en calquera das partes do exercicio fose inferior a 8,75 puntos, caso en que non se superará o exercicio.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territoriais, e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es) unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose un prazo de dez días para efectos de alegacións, e non poderán acceder á lectura pública da segunda parte do exercicio os aspirantes que na primeira parte deste acaden unha puntuación inferior a 8,75 puntos.

O exercicio celebrarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

II.1.6. Cuarto exercicio: constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto sendo necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondendo ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde de realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territoriais, e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose o prazo de dez días para efectos de alegacións.

O exercicio celebrarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

Estarán exentos da realización do cuarto exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego, ou estudos equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

II.1.7. Cada membro do tribunal cualificará os exercicios segundo a banda de puntuación establecida pola presente convocatoria para cada proba. A cualificación final de cada exercicio será o resultado da media aritmética das puntuacións emitidas polo tribunal.

II.1.8. Para a realización das probas que teñen por contido a resolución de casos prácticos, poderán servirse os opositores de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

II.1.9. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo de súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización do exercicio tipo test.

II.1.10. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, agás a lectura da segunda parte do terceiro exercicio, que se efectuará en sesión pública.

II.2. Desenvolvemento dos exercicios:

II.2.1. Os exames deberán desenvolverse en galego ou castelán.

II.2.2. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra D, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 30 de xaneiro de 2004, pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 30 de xaneiro de 2004 (DOG nº 23, do 4 de febreiro), ao tratarse dunha convocatoria correspondente ao ano 2004.

II.2.3. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

II.2.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.2.5. A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal no lugar onde se realizou o anterior exercicio, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nos das súas delegacións territoriais, e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), cun mínimo de corenta e oito horas de antelación á sinalada para o seu inicio. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.2.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá acordar a súa exclusión, se procede.

II.2.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que os interesados poidan presentar nos dous días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao publicamente no Diario Oficial de Galicia.

Contra tal acordo poderase interpoñer recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

II.3. O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superou a fase de oposición un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas pola presente orde.

A fase de oposición entenderase superada por aqueles aspirantes que obtivesen unha maior puntuación, determinada esta pola suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios superados da devandita fase.

III. Fase de curso selectivo.

III.1. Os aspirantes que superen a fase de oposición realizarán un curso selectivo que igualmente deberán superar con aproveitamento, como requisito indispensable para obter o seu nomeamento de funcionarios de carreira. O dito curso versará sobre as materias do programa da presente convocatoria de proceso selectivo correspondentes á especialidade da escala técnica de finanzas que elixisen, de acordo co disposto na base I.1.5.

O curso selectivo terá unha duración de 100 horas lectivas, impartíndose nel o conxunto de materias relacionadas coas funcións e procedementos de cada unha das especialidades da escala técnica de finanzas, de acordo coa opción formulada polos aspirantes, unha vez superada a fase de oposición.

Parte do curso selectivo poderá consistir nun período de realización de prácticas nos servizos centrais e territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

Durante o período de realización do curso, os aspirantes que participen nel serán nomeados funcionarios en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións de aplicación.

III.2. O curso cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 5 puntos. A cualificación do curso obterase mediante a media aritmética da suma das puntuacións obtidas en cada unha das materias del.

III.3. Os aspirantes que non superen o curso realizarán no prazo máximo de dous meses unha nova proba sobre as materias non aprobadas. De non superala poderán incorporarse ao curso inmediatamente posterior, conforme a opción da especialidade exercida no primeiro, coa puntuación asignada na fase de oposición, dentro da especialidade, ao último dos participantes nel. Se non o superasen novamente perderán todos os seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

III.4. Rematada a impartición do curso, o tribunal publicará a relación de aspirantes que o superen. Celebrada a segunda proba, conforme o disposto na base III.3, publicarase a relación completa de aspirantes que o superaron definitivamente, así como a relación de aspirantes que, se é o caso, poderán incorporarse ao curso inmediatamente posterior.

IV. Tribunal.

IV.1. O tribunal cualificador do proceso será designado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

IV.2. Ademais do tribunal que se designe na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulgar o proceso, por proposta do tribunal sinalado na base anterior cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

IV.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, cando concorran neles algunhas das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizaron tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas nesta base.

IV.4. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base IV.3.

IV.5. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros do tribunal. A celebración da sesión de constitución terá lugar nun prazo máximo de quince días a partir da publicación do tribunal e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, o tribunal, adoptará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

IV.6. A partir da sesión de constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

IV.7. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.8. O tribunal, mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia e demais anuncios correspondentes, fixará o lugar, a data e hora da celebración do primeiro exercicio.

IV.9. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, se autorizará coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

IV.10. O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que considere pertinente, limitándose os ditos asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

IV.11. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios ás do resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en medios e/ou tempo para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo a que opta, poderán solicitar o correspondente ditame do órgano competente.

IV.12. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios en que figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do opositor.

IV.13. O tribunal que actúe neste proceso selectivo terá a categoría segunda das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

O número máximo de sesións de cada un dos tribunais será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo só ampliarse o número delas, de acordo con causa xustificada, pola dita dirección xeral.

IV.14. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.15. As comunicacións que formulen os aspirantes ao tribunal dirixiranse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano - Santiago de Compostela).

V. Lista de aprobados na fase de oposición, presentación de documentación e nomeamento de funcionarios en prácticas e de carreira.

V.1. Rematada a realización dos exercicios da fase de oposición e no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estes serán resoltos pola puntuación obtida no segundo exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva este. De persistir o empate, resolverase pola orde alfabética a que se refire a base II.2.2.

O tribunal resolverá os empates que se produzan, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

V.2. Rematados os exercicios da fase de oposición, o tribunal fará pública no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda, nos das súas delegacións territoriais e naqueloutros que coide oportuno, a relación de aspirantes que superaron a dita fase, tanto polo sistema de acceso libre coma polo de promoción

interna, de conformidade co disposto na base II.3, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade. Con carácter excepcional poderase renunciar á participación no proceso selectivo ata a data en que o tribunal eleve á directora xeral da Función Pública a lista de aprobados.

O presidente do tribunal elevará a relación de aprobados da fase de oposición á directora xeral da Función Pública, que a publicará no Diario Oficial de Galicia, dispoñendo os aspirantes dun prazo de vinte días naturais, desde a publicación no Diario Oficial de Galicia para a presentación dos seguintes documentos:

A. Fotocopia cotexada polo órgano competente (servizos de persoal, de ser o caso, rexistros xerais ou fedatarios públicos) do título exixido na base I.2.3 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

B. Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o modelo que figura como anexo VI a esta convocatoria.

C. Certificado médico oficial en que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.4.

D. Os aspirantes con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% que superaren a fase de oposición deberán, ademais, acreditar tal condición, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e, de ser o caso, da Administración correspondente.

Así mesmo, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que accedan por esta cota de reserva, documento acreditativo do órgano competente sobre a compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

V.3. Os que tivesen a condición de funcionario de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependesen para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

V.4. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2. non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.5. Rematada a fase de oposición e unha vez cumpridos os requisitos exixidos con anterioridade, os que a superasen serán nomeados funcionarios en prácticas mediante orde do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da fase de oposición. O nomeamento terá efectos desde a data do inicio do curso selectivo a que se refire a base III.

V.6. Rematado o curso selectivo, a orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase, dentro de cada especialidade da escala técnica de finanzas, de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de oposición e na do curso selectivo, non podendo superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

No caso de igualdade de puntuación acumulada entre dous ou máis funcionarios en prácticas, a prelación entre eles establecerase tendo en conta que a cualificación obtida na fase de oposición prevalecerá sobre a cualificación acadada no curso selectivo.

V.7. A petición de destinos por parte dos funcionarios en prácticas que superaron o curso selectivo deberá realizarse unha vez rematado o proceso selectivo, logo de oferta daqueles.

V.8. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que viñesen desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos exixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ao corpo ou escala a que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

V.9. A adxudicación das prazas aos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base V.6 unha vez aplicado o disposto na base V.8.

V.10. Rematado o proceso selectivo, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante orde do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

V.11. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VI. Disposición derradeira.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Dereito civil e mercantil. Dereito

constitucional e administrativo.

Dereito autonómico. Economía xeral

Tema 1. O concepto de persoa. Clases de persoas. Persoas naturais: nacemento e extinción. Persoas xurídicas: concepto, natureza e clases. Constitución e extinción das persoas xurídicas. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. Adquisición e perda da nacionalidade española. Veciñanza civil.

Tema 2. Organización económica da sociedade conxugal. O sistema económico-matrimonial no Código civil e na Lei do dereito civil de Galicia. As capitulacións matrimoniais. A sociedade de gananciais. O réxime de participación nas ganancias. O réxime de separación de bens.

Tema 3. A filiación: concepto e clases. As accións de filiación. A adopción. A patria potestade. A emancipación. A tutela, a curadoría e o defensor xudicial.

Tema 4. Os dereitos reais: concepto e clases. Diferencias entre os dereitos reais e os dereitos de cré

dito. A propiedade. Modos de adquirir e perder a propiedade. A posesión. O usufruto. A servidume. O Rexistro da Propiedade.

Tema 5. Os dereitos reais de garantía: concepto e clasificación. Hipoteca. Peñor. Hipoteca mobiliaria e peñor sen desprazamento.

Tema 6. A obriga: concepto e clases. Fontes da obriga. Proba das obrigas. Influencia do tempo nas relacións xurídicas.

Tema 7. O contrato: concepto e clases. Elementos dos contratos. Xeración, perfección e consumación dos contratos. Ineficacia dos contratos. Interpretación e forma dos contratos.

Tema 8. A compravenda: concepto e elementos. Contido da compravenda. A permuta. O contrato de arrendamento: concepto e clases. O arrendamento de predios urbanos. O arrendamento de predios rústicos.

Tema 9. A doazón: concepto e clases. Elementos da doazón. Efectos da doazón. Revogación e redución de doazóns. A sucesión mortis causa: concepto e clases. A herdanza: concepto e situacións en que pode atoparse a herdanza. A apartación.

Tema 10. Aceptación da herdanza. Herdeiro e legatario. A sucesión testamentaria: concepto, caracteres e clases de testamentos. Sucesión forzosa. A sucesión intestada. A sucesión contractual. Especial referencia ao dereito civil de Galicia.

Tema 11. A contabilidade mercantil. Contabilidade formal: libros obrigatorios. Requisitos dos libros. Conservación dos libros. Eficacia probatoria. Comunicación e exhibición dos libros. Contabilidade material: contas anuais. O Rexistro Mercantil.

Tema 12. A empresa mercantil. O empresario individual: capacidade e prohibicións. Proba, adquisición e perda da calidade de empresario. Exercicio do comercio por persoa casada. O empresario estranxeiro.

Tema 13. As sociedades mercantís: concepto e clasificación. Requisitos de constitución das sociedades mercantís. A sociedade unipersoal. A sociedade irregular. Nacionalidade das sociedades. As sociedades colectivas e comanditarias. A sociedade de responsabilidade limitada: principais notas do seu réxime xurídico.

Tema 14. A sociedade anónima: concepto e caracteres. Fundación. Escritura social e estatutos. Accións e obrigas. Órganos da sociedade anónima.

Tema 15. A disolución das sociedades mercantís. Liquidación e división. Transformación, fusión e escisión das sociedades mercantís.

Tema 16. Os títulos valores: concepto e clasificación. Os títulos nominativos, á orde, ao portador e de tradición. A letra de cambio: concepto e requisitos formais. O endoso. A aceptación. O pagamento da letra. As excepcións cambiarias.

Tema 17. As obrigas mercantís: características xerais. Os contratos mercantís: concepto e clases. Perfección, forma e proba dos contratos mercantís. Influencia da alteración das circunstancias nos contratos mercantís. A prescrición no dereito mercantil.

Tema 18. O contrato de compravenda mercantil. Compravendas especiais. O contrato de transporte. O contrato de seguro. O arrendamento financeiro. O renting. O factoring.

Tema 19. A suspensión de pagamentos: concepto e requisitos. Efectos da declaración de suspensión de pagamentos. A solución da suspensión de pagamentos: o convenio. A creba: concepto, requisitos e clases. Efectos da declaración da creba. Órganos da creba. Solución da creba.

Tema 20. Os contratos bancarios: concepto e clasificación. Operacións bancarias de mediación.

Tema 21. Institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento. O Banco Central Europeo. O ordenamento xurídico comunitario: fontes. Os órganos xudiciais da Unión Europea. Acta Única Europea.

Tema 22. O orzamento da UE. Os instrumentos financeiros. Fondos estruturais e iniciativas comunitarias.

Tema 23. A Constitución española de 1978: características e estrutura. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno. O Poder Xudicial. O Tribunal Constitucional. A reforma constitucional.

Tema 24. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. Leis orgánicas. Leis ordinarias. Disposicións do Goberno con forza de lei: decretos-leis e decretos lexislativos. O regulamento: concepto, caracteres e clases. Límites dos regulamentos. Regulamentos ilegais.

Tema 25. Concepto de Administración pública. Tipos de entes públicos. Formas de xestión dos servizos públicos. Xestión directa. Xestión indirecta: a concesión administrativa de servizos públicos.

Tema 26. As potestades administrativas: concepto e clases. O acto administrativo: concepto e caracteres. Diferentes clasificacións dos actos administrativos.

Tema 27. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, fin e forma. A motivación e comunicación dos actos administrativos. O silencio administrativo.

Tema 28. Eficacia do acto administrativo. Executoriedade dos actos administrativos. Validez e invalidez do acto administrativo. Revogación e anulación de oficio dos actos administrativos.

Tema 29. A Lei de contratos. Ámbito de aplicación. Requisitos para contratar coa Administración. Actuacións administrativas preparatorias. Procedemento e forma de adxudicación. Perfección dos contratos.

Tema 30. Execución dos contratos administrativos. Prerrogativas da Administración. Extinción dos contratos. Os contratos en particular: obras, subministracións, prestación de servizos á Administración.

Tema 31. A responsabilidade patrimonial das administracións públicas: réxime vixente. Requisitos para que proceda a indemnización. Responsabilidade das autoridades e funcionarios.

Tema 32. O procedemento administrativo: concepto e fins do procedemento. Principios xerais e ámbito de aplicación da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Características, elementos e fases do procedemento administrativo común. Trazos esenciais dos procedementos especiais.

Tema 33. Os recursos administrativos: concepto e clases. Principios xerais do procedemento administrativo en vía de recurso. O recurso de alzada. O recurso potestativo de reposición.

Tema 34. A xurisdición contencioso-administrativa: natureza, extensión e límites. Órganos da xurisdición contencioso-administrativa. As partes no proceso contencioso-administrativo: capacidade, lexitimación e defensa. Trámites previos á interposición do recurso contencioso-administrativo. Idea xeral do proceso contencioso-administrativo. Recursos contra sentenzas.

Tema 35. A organización territorial do Estado na Constitución de 1978. As comunidades autónomas: estrutura e competencias.

Tema 36. Os ordenamentos autonómicos. Relación co ordenamento estatal. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: caracteres, contido e procedemento de reforma.

Tema 37. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio, os símbolos. A lingua e a cultura galega. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 38. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

Tema 39. O goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 40. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 41. Competencias das comunidades autónomas. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. Reserva de competencias estatais: normativa básica. Leis de harmonización.

Tema 42. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas.

Tema 43. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal. As leis estatais marco, de transferencia e de delegación.

Tema 44. A Administración pública de Galicia. As consellerías: organización e estrutura. A Administración periférica. A Administración institucional.

Tema 45. A Consellería de Economía e Facenda: organización e competencias. As delegacións territoriais de Economía e Facenda: organización e competencias. As oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

Tema 46. A función pública galega. Persoal funcionario. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción e situacións administrativas dos funcionarios. Os dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime disciplinario. Persoal laboral. O convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 47. As entidades municipais. As entidades provinciais.

Tema 48. A actividade económica. Sistemas económicos. Tipos de organización da actividade económica. Funcións dun sistema económico.

Tema 49. A renda nacional: concepto e métodos de estimación. A contabilidade nacional. Natureza e fins. A análise input-output. Relacións sectoriais.

Tema 50. O diñeiro: concepto e funcións do diñeiro. Demanda e oferta do diñeiro. Formación do tipo de xuro.

Tema 51. O sistema financeiro. O banco central. Os bancos comerciais. As caixas de aforros: competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. Outros intermediarios financeiros.

ANEXO II

Contabilidade, matemática financeira e estatística

I. Contabilidade

1. Constitución, distribución de beneficios, aumento e redución de capital, financiamento, transformación, fusión, absorción, escisións e disolución de empresas individuais e sociais.

2. Suspensión de pagamentos e crebas.

3. Operacións de exercicio, regularización e formulación de estados contables en empresas comerciais, sen ou con seccións sucursais, vendas ao contado, a crédito, a prazos, ao retallo, comercio en comisión e en participación entre nacionais e co estranxeiro.

II. Matemática financeira

Capitalización simple e composta: rendas, préstamos e empréstitos.

III. Estatística

Medidas de posición e dispersión: números índices.

ANEXO III

Programa de dereito financeiro, orzamentario e

tributario

Tema 1. O dereito financeiro: concepto e contido. A facenda pública na Constitución española.

Tema 2. O dereito orzamentario: concepto e contido. O Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade Autónoma.

Tema 3. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma: elaboración, aprobación. Estrutura orzamentaria. Os créditos orzamentarios.

Tema 4. As modificacións orzamentarias. Modificación dos créditos iniciais. Gastos plurianuais. Anulación de remanentes. Incorporación de créditos. Créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Anticipos de tesourería. Créditos ampliables. Transferencias de créditos. Ingresos que xeran crédito.

Tema 5. O gasto público: concepto. Principios constitucionais. Procedemento de execución do gasto público.

Tema 6. Xestión dos gastos de persoal. A Seguridade Social dos empregados públicos.

Tema 7. Xestión de gastos contractuais. Nacemento de obrigas. Cumprimento, recoñecemento da obriga, xustificación e extinción.

Tema 8. Xestión de gastos de transferencias. Subvencións: concepto, natureza e clasificación. Procedemento de concesión e pagamento. Reintegro. Infraccións administrativas en materia de subvencións. O delito subvencional.

Tema 9. O tesouro público. Funcións e competencias. A xestión de pagamentos. Pagamentos a xustificar e anticipos de caixa fixa. Ingresos orzamentarios. Previsións. Fases de execución do orzamento de ingresos. Lei xeral de estabilidade orzamentaria.

Tema 10. O Plan xeral de contabilidade pública. Principios contables, contas anuais e normas de valoración. A conta xeral da Comunidade Autónoma. Documentos que a integran. Formación e remisión. Exame e comprobación. Aprobación.

Tema 11. O control interno da actividade económico-financeira do sector público autonómico. Concepto, clases e ámbito. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma. Organización e funcións. O control previo de legalidade de ingresos, de gastos e pagamentos. Momentos de exercicio. Omisión da intervención.

Tema 12. O control financeiro. Concepto. Regulación e principios xerais. Clases. Informes de control: clases e efectos. O control financeiro permanente. O control financeiro de subvencións e axudas públicas. O control das subvencións comunitarias. A auditoría como forma de exercicio do control financeiro. Clases de auditoría. Normas de auditoría do sector público.

Tema 13. O control externo da actividade económico-financeira do sector público estatal. O control parlamentario. O control do Consello de Contas e do Tribunal de Contas. O Consello de Contas: competencias e funcións.

Tema 14. O dereito tributario: concepto e contido. Fontes. A Lei xeral tributaria: principios xerais.

Tema 15. Os tributos: concepto, fins e clases. A relación xurídico-tributaria. Feito impoñible. Non suxeición e exención. Devengo. Prescrición. A aplicación da norma tributaria. Interpretación, cualificación e integración. A analoxía. O conflito na aplicación da norma tributaria. A simulación.

Tema 16. As obrigas tributarias: a obriga tributaria principal, a obriga tributaria de realizar pagamentos á conta, as obrigas entre particulares, as obrigas tributarias, as obrigas tributarias accesorias e formais. As obrigas e deberes da Facenda autonómica. Os dereitos e garantías dos obrigados tributarios. Colaboración social na aplicación dos tributos. Utilización das novas tecnoloxías da información.

Tema 17. Os obrigados tributarios. Contribuíntes. Suxeitos pasivos. Sucesores. Responsables solidarios e subsidiarios. Outros obrigados tributarios. A capacidade de obrar. Representación. Domicilio fiscal. A declaración censual.

Tema 18. Elementos de cuantificación da obriga tributaria principal e da obriga de realizar pagamentos a conta. Base impoñible: concepto, métodos de determinación. Base liquidable. Tipo de gravame. Cota tributaria. Comprobación de valores. A débeda tributaria.

Tema 19. A aplicación dos tributos; concepto e órganos competentes. A información e asistencia aos obrigados tributarios. A consulta tributaria. O número de identificación fiscal. Os procedementos administrativos en materia tributaria: proba, notificacións, obriga de resolución e prazo de resolución. As liquidacións tributarias.

Tema 20. Actuacións e procedementos de xestión tributaria. Iniciación. Declaracións. Autoliquidacións. Comunicacións de datos. Procedemento de devolución iniciado mediante autoliquidación, solicitude ou comunicación de datos. Procedemento iniciado mediante declaración. Procedemento de verificación de datos. Procedemento de comprobación de valores. Procedemento de comprobación limitada.

Tema 21. A recadación. (I). A recadación. Actuacións e procedementos. Órganos de recadación: organización da xestión recadatoria da Xunta de Galicia.

Extinción das débedas: o pagamento e outras formas de extinción. Obrigados ao pagamento. Garantías da débeda tributaria. Aprazamentos e fraccionamentos.

Tema 22. A recadación (II). A recadación en período executivo. Procedemento de constrinximento. Carácter do procedemento. Fases: iniciación, embargo de bens e dereitos, alleamento e termo do procedemento. Terzarías. Procedemento frente a responsables e sucesores.

Tema 23. A inspección dos tributos: funcións e facultades. Documentación das actuacións da inspección. Procedemento de inspección: normas xerais. Iniciación e desenvolvemento. Terminación das actuacións inspectoras. Disposicións especiais.

Tema 24. A potestade sancionadora en materia tributaria. Principios. Suxeitos responsables. Concepto e clases de infraccións e sancións tributarias. Cuantificación das sancións tributarias pecuniarias. Extinción da responsabilidade. Procedemento sancionador en materia tributaria: iniciación, instrución e terminación. Delitos contra a Facenda pública.

Tema 25. A revisión dos actos de carácter tributario en vía administrativa: procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas: actos impugnables. Procedementos. Órganos de resolución. Suspensión de actos impugnados.

Tema 26. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Rendas exentas. Contribuíntes. Período impositivo, devengo do imposto e imputación temporal. Determinación da base impoñible. Rendementos do traballo, do capital e de actividades económicas.

Tema 27. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II): ganancias e perdas patrimoniais. Integración e compensación de rendas. Mínimo persoal e familiar. Base liquidable. A cota íntegra e líquida estatal. O gravame autonómico ou complementario. A cota diferencial. A tributación familiar. Réximes especiais. Xestión do imposto. O imposto sobre a renda de non residentes.

Tema 28. O imposto sobre o patrimonio das persoas físicas. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Base impoñible e liquidable. A débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 29. O imposto sobre sociedades (I): natureza e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Suxeito pasivo. Base impoñible.

Tema 30. O imposto sobre sociedades (II): período impositivo e devengo do imposto. Tipo de gravame e cota íntegra. Deducións para evitar a dobre imposición. Bonificacións. Deducións por investimentos. Pagamento fraccionado. Réximes tributarios especiais: especial referencia aos incentivos fiscais para as empresas de reducida dimensión. Xestión do imposto.

Tema 31. O imposto sobre sucesións e doazóns (I): feito impoñible: presuncións. Suxeito pasivo e responsables. Base impoñible: normas especiais sobre adquisicións mortis causa.

Tema 32. O imposto sobre sucesións e doazóns (II): normas especiais sobre adquisicións gratuítas inter vivos e en materia de seguros. Comprobación de valores. A base liquidable. A tarifa. A débeda tributaria. Devengo e prescrición.

Tema 33. O imposto sobre sucesións e doazóns (III): normas especiais sobre o dereito de usufruto, uso, habitación, substitucións, fideicomisos, reservas, partición e excesos de adxudicación, repudiación, renuncia e doazóns. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 34. O imposto sobre o valor engadido (I): concepto e natureza. Feito impoñible e supostos de non suxeición. Exencións. Suxeito pasivo. Devengo. Base impoñible. Tipos de gravame.

Tema 35. O imposto sobre o valor engadido (II): débeda tributaria. Liquidación, deducións, devolucións. Réximes especiais.

Tema 36. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (I): transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria.

Tema 37. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (II): operacións societarias: feito impoñible, base impoñible, suxeito pasivo. Actos xurídicos documentados.

Tema 38. A tributación sobre o xogo: máquinas recreativas, casinos, bingos, rifas, tómbolas e combinacións aleatorias. Especial referencia á lexislación autonómica.

Tema 39. Os impostos especiais. Os impostos especiais de fabricación: disposicións comúns e principais normas reguladoras; o imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos; o imposto especial sobre a electricidade. Outros impostos especiais: o imposto especial sobre determinados medios de transporte.

Tema 40. Os tributos propios: ICA e canon de saneamento. Taxas e prezos. Lei de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 41. O financiamento das comunidades autónomas (I). Principios. Sistemas de financiamento das comunidades autónomas de réxime común.

Tema 42. O financiamento das comunidades autónomas (II). O Fondo de Compensación. Financiamento da Unión Europea. Outros recursos de carácter finalista.

Tema 43. O sistema tributario local. A Lei reguladora das facendas locais. Estrutura e características. Os impostos municipais potestativos e obrigatorios. Outros recursos.

Instrucións para o/a interesado/a

*Instrucións xerais.

-Escriba soamente a máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.

-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en todos os exemplares.

-Evite dobrar o papel e realizar correccións, emendas ou riscaduras.

-Non escriba nos espazos sombreados ou reservados.

-Non esqueza asinar o impreso.

-Non esqueza achegar o impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.

-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa segundo a base I.3.1 da convocatoria.

-Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación da minusvalidez, de ser o caso.

*Instrucións particulares.

1. Corpo. Consigne o texto e o código correspondente segundo a táboa seguinte:

01. Grupo B. Corpo de xestión da Administración, escala técnica de finanzas.

2. Grupo. Sinale a letra do grupo correspondente.

Instrucións para cumprimentar o anexo V

Códigos

Consellería dePresidencia, Relacións Institucionais e Administración PúblicaCódigo04

Delegación deServizos centraisCódigo13

Servizo deSecretaríaCódigo01

Taxa: denominaciónInscrición proceso selectivo para o acceso ao corpo de xestión de Administración, grupo B, escala técnica de finanzasCódigo300300

ANEXO VI

Don/a

con domicilio en

e con DNI/Pasaporte declara baixo

xuramento ou promete, para efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, que non está sometido a sanción disciplinaria ou condena no Estado de ,

que me impida o acceso á función pública.

En (país e localidade), de de 200 .