DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.312

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de decembro de 2004 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004 (DOG nº 47, do 8 de marzo), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76, do 20 de abril),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia,

grupo A, escala superior de finanzas, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de dez (10) prazas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, polos sistemas de promoción interna e acceso libre, polo procedemento de oposición.

O proceso selectivo constará dunha fase de probas selectivas e outra fase consistente na superación dun curso selectivo, coas probas, puntuacións e materias que se sinalan nesta orde e os seus anexos.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ao sistema de promoción interna ascende a cinco (5) prazas, correspondente ao 50 % do total de vacantes.

O número total de vacantes reservadas ao sistema de acceso libre ascende a cinco (5) prazas. As prazas sen cubrir das reservadas ao sistema de promoción interna acumularanse ao sistema de acceso libre.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e co Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego públi

co correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004, do total de prazas do sistema de acceso libre reservarase unha (1) para ser cuberta por persoas con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

No suposto de que esta praza non sexa cuberta, pasará a integrarse ás restantes prazas de acceso libre. Así mesmo, no suposto de que algún aspirante con minusvalidez que se presentara pola cota de reserva de discapacitados superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza, e a súa puntuación fose superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso libre será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso libre.

1.1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos sistemas citados. Se da instancia que se presente non se deduce a súa opción, serán excluídos nas listas provisionais que se publiquen. De non emendar o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídos. Polo tanto, trala publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración ao respecto.

1.1.4. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 17/1993, do 23 de decembro, de acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos estados membros da Unión Europea e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.1.5. Rematada a fase de oposición procederase á distribución das prazas convocadas entre as especialidades da escala superior de finanzas. A opción entre cada unha das especialidades será realizada, polos aspirantes que superen a fase de oposición, de acordo coa suma das puntuacións obtidas nos exercicios da dita fase. Os aspirantes procedentes da quenda de promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes que proveñan do sistema xeral de acceso libre, para elixir a especialidade correspondente.

I.1.6. A adxudicación das prazas aos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida por estes ao longo de todo o proceso, dentro de cada unha das especialidades da escala superior de finanzas, unha vez aplicado o disposto na base V.8 desta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes

e manter ata o momento da toma de posesión como funcionario os seguintes requisitos:

I.2.1. Nacionalidade.

a) Ser español.

b) Ser nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún estado en que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, cando así o prevexa o correspondente tratado, e dos nacionais dalgún estado ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do cónxuxe menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

I.2.2. Idade: ter dezaoito anos e non ter alcanzado a idade de xubilación.

I.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

I.2.4. Compatibilidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.5. Habilitación: non estar separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que a súa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

I.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%.

Os aspirantes que concorran á convocatoria de acceso por promoción interna deberán cumprir ademais:

I.2.7. Pertenza ao corpo: os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo A (corpo superior de Adminis

tración ou corpo facultativo superior da Xunta de Galicia) ou no grupo B (corpo de xestión de Administración ou corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

I.2.8. Antigüidade: ter prestado servizos efectivos, polo menos, dous anos como funcionario nos corpos ou escalas do mesmo grupo de titulación ou do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo ou escala ao que se pretende acceder.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia que se axustará ao modelo que se publica como anexo IV desta convocatoria. Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

Os aspirantes estranxeiros que residan en España deberán presentar ademais unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario en vigor ou, se é o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario ou de traballador comunitario fronteirizo en vigor.

Os aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún estado ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, que non residan en España, ben por residir no estranxeiro ou por atoparse en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia cotexada do documento de identidade ou pasaporte.

Os familiares dos anteriores deberán presentar unha fotocopia cotexada do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a exención do visado e da correspondente tarxeta. De non ter solicitado estes documentos deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo do parentesco e unha declaración xurada ou promesa do español, do nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou do nacional dalgún estado ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, co que existe este vínculo, de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame expedido pola entidade bancaria correspondente.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 8/2003, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en

concepto de dereitos de exame o importe de 36,72 euros, e de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo V. O dito impreso facilitaráselles aos interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo V. Non obstante, para o cumprimento do anterior requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, circunstancia que se deberá acreditar documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A presentación do xustificante do ingreso das taxas, en que non figure o selo da entidade bancaria, con indicación da data, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, aos aspirantes excluídos que o soliciten, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o punto terceiro da base I.4.2.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista no quinto exercicio.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase nas oficinas do rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ao organismo competente.

Para calquera aclaración ou información adicional os interesados poderán poñerse en contacto telefónico, no número 902 12 00 12, de 9.00 a 19.00 horas de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas os sábados.

1.3.3. Os aspirantes cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% ao que se refire a base I.2.6 deberán indicalo expresamente na solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente. Así mesmo, deberán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios na que esta adaptación sexa necesaria, todo iso conforme ao contido na Lei 13/1982, do 7 de abril e no Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2004.

I.3.4. Na solicitude os aspirantes deberán indicar o grupo de materias correspondente á parte específica do programa, dos tres contidos no anexo I, polo que optan para a realización do primeiro exercicio. Soamente poderá optarse por un grupo de materias do programa das probas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública ditará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente, e na que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión, e a indicación do lugar no que están expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das peticións de emendas entenderase implícita na resolución pola que se publique a lista definitiva de admitidos e excluídos.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que se debe presentar, no caso de superar a fase de oposición do proceso selectivo, se desprenda que non posúen

algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos que se puidesen derivar da súa participación neste procedemento.

II. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexos I, II e III desta convocatoria.

II.1. Exercicios.

II.1.1. As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios, e obrigatorios, agás para os aspirantes ás prazas pola quenda de promoción interna e os aspirantes aos que se refire o segundo parágrafo da base seguinte, que estarán exentos da realización do primeiro exercicio, sen prexuízo do disposto no último parágrafo da base II.1.7.

II.1.2. Na vindeira convocatoria destas probas, poderán acceder directamente ao segundo exercicio os aspirantes que aproben o primeiro na presente, conservando a cualificación obtida.

De igual xeito, na presente convocatoria poderán acceder directamente ao segundo exercicio os aspirantes que aprobaron o primeiro na convocatoria realizada pola Orde do 10 de decembro de 2002 (DOG nº 245, do 20 de decembro), conservando a cualificación obtida naquel momento no dito exercicio.

II.1.3. Primeiro exercicio: consistirá na resolución, por escrito, dun cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, máis tres preguntas de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, correspondentes ás partes común e específica do temario, que será o resultante do sorteo de entre dous cuestionarios elaborados previamente polo tribunal e que este proporá para cada un dos tres grupos de materias seguintes: materia xurídica, materia de economía xeral e materia de economía de empresa. O aspirante deberá optar expresamente por un só destes grupos de materias correspondentes á parte específica na súa instancia, segundo dispón a base I.3.4., figurando o seu temario no anexo I desta convocatoria. No caso de que non se exerza a opción entenderase que o aspirante opta pola materia xurídica.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ao remate del.

No prazo das vinte e catro horas seguintes ao da celebración farase público, no lugar de realización do exercicio, o modelo do test, indicando as respostas correctas.

O exercicio terá unha duración máxima de tres horas. Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 10 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar a puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de

anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territoriais, e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose un prazo de dez días para efectos de alegacións.

Este exercicio celebrarase no prazo máximo de corenta días desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

II.1.4. Segundo exercicio: consistirá na resolución, por escrito, dun caso práctico proposto polo tribunal que será o resultante do sorteo levado para o efecto entre dous elixidos previamente por este, sobre as materias sinaladas no anexo II da presente convocatoria.

O exercicio terá unha duración máxima de cinco horas. Cualificarase de 0 a 30 puntos sendo necesario para superalo obter un mínimo de 15 puntos, correspondendo ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar a puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territoriais, e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose un prazo de dez días para efectos de alegacións.

O exercicio celebrarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

II.1.5. Terceiro exercicio: este exercicio constará de dúas partes. A primeira parte consistirá na resolución por escrito, dun cuestionario de 15 preguntas proposto polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por este, sobre as materias comprendidas no anexo III desta convocatoria. O tempo máximo de duración será de tres horas. A segunda parte consistirá na realización, por escrito, dun caso práctico sobre liquidacións tributarias, que será o resultante do sorteo levado a efecto entre dous elixidos previamente polo tribunal. O tempo máximo de duración será de dúas horas.

Este exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos, sendo necesario para superalo obter 15 puntos como mínimo, correspondendo ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar a puntuación mínima. Esta cualificación total obterase pola suma da correspondente á primeira parte que se cualificará de 0 a 15 puntos e da segunda parte que se cualificará de 0 a 15 puntos. Esta suma non poderá ter lugar no suposto de que a cualificación obtida en calquera das partes do exercicio fose inferior a 6 puntos, caso no que non se superará o exercicio.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territoriais, e na páxina web

oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose un prazo de dez días para efectos de alegacións.

O exercicio celebrarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

II.1.6. Cuarto exercicio: consistirá en expoñer, de forma oral, catro temas, extraídos ao chou, durante un tempo máximo de 60 minutos. O primeiro tema corresponderá ás partes 1ª e 2ª do anexo III da presente convocatoria, o segundo tema corresponderá á parte 3ª, e o terceiro e cuarto temas corresponderán á parte 4ª do mesmo anexo III.

Despois da extracción dos temas e antes de comezar a súa exposición, concederase ata un máximo de dez minutos de tempo para que o aspirante elabore, en presencia do tribunal, un guión que poderá utilizar no desenvolvemento da súa exposición, consultando para iso exclusivamente o programa de oposición.

Concluída a exposición dos temas, o tribunal poderá dialogar co aspirante por un tempo máximo de dez minutos, exclusivamente sobre aspectos concretos relacionados cos temas expostos.

O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos sendo necesario para superalo obter polomenos 20 puntos, correspondendo ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar a puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e nas súas delegacións territoriais, e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose un prazo de dez días para efectos de alegacións.

O exercicio celebrarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

II.1.7. Quinto exercicio: constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto sendo necesario para superalo obter o resultado de apto, correspondendo ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixidos para acadar o resultado de apto.

As puntuacións publicaranse, en todo caso, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios da Consellería de Economía e Facenda e

nas súas delegacións territoriais, e na páxina web oficial da Xunta de Galicia (www.xunta.es), unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, dándose un prazo de dez días para efectos de alegacións.

O exercicio celebrarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

Estarán exentos da realización do quinto exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego, ou estudos equivalentes debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

II.1.8. Cada membro do tribunal cualificará os exercicios segundo a banda de puntuación establecida pola presente convocatoria para cada proba. A cualificación final de cada exercicio será o resultado da media aritmética das puntuacións emitidas polo tribunal.

II.1.9. Para a realización das probas que teñen por contido a resolución de casos prácticos, poderán servirse os opositores, de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

II.1.10. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo de súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización do exercicio tipo test.

II.1.11. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, agás a realización do cuarto exercicio, que se efectuará en sesión pública.

II.2. Desenvolvemento dos exercicios:

II.2.1. Os exames deberán desenvolverse en galego ou castelán.

II.2.2. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra D, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 30 de xaneiro de 2004, pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 30 de xaneiro de 2004 (DOG nº 23, do 4 de febreiro), ao tratarse dunha convocatoria correspondente ao ano 2004.

II.2.3. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

II.2.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.2.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal no lugar onde se realizou o anterior exercicio, nos taboleiros de anuncios da

Consellería de Economía e Facenda e nos das súas delegacións territoriais, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), cun mínimo de corenta e oito horas de antelación á sinalada para o seu inicio. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.2.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá acordar a súa exclusión, se procede.

II.2.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que os interesados poidan presentar nos dous días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao publicamente no Diario Oficial de Galicia.

Contra tal acordo poderase interpoñer recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

II.3. O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superou a fase de oposición un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas pola presente orde.

A fase de oposición entenderase superada por aqueles aspirantes que obtivesen unha maior puntuación, determinada esta pola suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios superados da devandita fase.

III. Fase de curso selectivo.

III.1. Os aspirantes que superen a fase de oposición realizarán un curso selectivo que igualmente deberán superar con aproveitamento, como requisito indispensable para obter o seu nomeamento de funcionarios de carreira. O dito curso versará sobre as materias do programa da presente convocatoria de proceso selectivo correspondentes á especialidade da escala superior de finanzas que elixisen, de acordo co disposto na base I.1.5.

O curso selectivo terá unha duración de 200 horas lectivas, impartíndose nel o conxunto de materias relacionadas coas funcións e procedementos de cada unha das especialidades da escala superior de finanzas, de acordo coa opción formulada polos aspirantes, unha vez superada a fase de oposición.

Parte do curso selectivo poderá consistir nun período de realización de prácticas nos servizos centrais e territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

Durante o período de realización do curso, os aspirantes que participen nel serán nomeados funcionarios en prácticas coa situación xurídica prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións de aplicación.

III.2. O curso cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 5 puntos. A cualificación do curso obterase

mediante a media aritmética da suma das puntuacións obtidas en cada unha das materias del.

III.3. Os aspirantes que non superen o curso realizarán no prazo máximo de dous meses, unha nova proba sobre as materias non aprobadas. De non superala poderán incorporarse ao curso inmediatamente posterior, conforme a opción da especialidade exercida no primeiro, coa puntuación asinada na fase de oposición, dentro da especialidade, ao último dos participantes nel. Se non o superasen novamente perderán todos os seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

III.4. Rematada a impartición do curso o tribunal publicará a relación de aspirantes que o superen. Celebrada a segunda proba, conforme o disposto na base III.3, publicarase a relación completa de aspirantes que o superaron definitivamente, así como a relación de aspirantes que, se é o caso, poderán incorporarse ao curso inmediatamente posterior.

IV. Tribunal.

IV.1. O tribunal cualificador do proceso será designado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e a súa composición será determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

IV.2. Ademais do tribunal que se designe na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulgar o proceso, por proposta do tribunal sinalado na base anterior cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

IV.3. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, cando concorran neles algunha das circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizaron tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas nesta base.

IV.4. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base IV.3.

IV.5. Logo da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros do tribunal. A celebración da sesión de constitución terá lugar nun prazo máximo de quince días a partir da publicación do tribunal e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, o tribunal, adoptará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

IV.6. A partir da sesión de constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

IV.7. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

IV.8. O tribunal, mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia e demais anuncios correspondentes, fixará o lugar, a data e a hora da celebración do primeiro exercicio.

IV.9. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, se autorizará coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

IV.10. O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que estime pertinente, limitándose os ditos asesores a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

IV.11. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios co resto dos demais participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en medios e/ou tempo para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ao tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ao que opta, poderán solicitar o correspondente ditame do órgano competente.

IV.12. O presidente do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aqueles candidatos con exercicios en que figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do opositor.

IV.13. O tribunal que actúe neste proceso selectivo terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

O número máximo de sesións de cada un dos tribunais será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo só ampliarse o número delas, de acordo con causa xustificada, pola dita dirección xeral.

IV.14. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

IV.15. As comunicacións que formulen os aspirantes ao tribunal dirixiranse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

V. Lista de aprobados na fase de oposición, presentación de documentación e nomeamento de funcionarios en prácticas e de carreira.

V.1. Rematada a realización dos exercicios da fase de oposición e no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estes serán resoltos pola puntuación obtida no segundo exercicio e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva este. De persistir o empate resolverase por orde alfabética á que se refire a base II.2.2.

O tribunal resolverá os empates que se produzan, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

V.2. Rematados os exercicios da fase de oposición, o tribunal fará pública no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Economía e Facenda, nos das súas delegacións territoriais e naqueloutros que coide oportuno, a relación de aspirantes que superaron a dita fase, tanto polo sistema de acceso libre coma polo de promoción interna, de conformidade co disposto na base II.3., por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade. Con carácter excepcional poderase renunciar á participación no proceso selectivo ata a data en que o tribunal eleve á directora xeral da Función Pública a lista de aprobados.

O presidente do tribunal elevará a relación de aprobados da fase de oposición á directora xeral da Función Pública, que a publicará no Diario Oficial de Galicia, dispoñendo os aspirantes dun prazo de vinte días naturais, desde a publicación no Diario Oficial de Galicia para a presentación dos seguintes documentos:

A. Fotocopia cotexada polo órgano competente (servizos de persoal, de ser o caso, rexistros xerais ou fedatarios públicos) do título exixido na base I.2.3. ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a obtención do título

ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

B. Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o modelo que figura como anexo VI a esta convocatoria.

C. Certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.4.

D. Os aspirantes con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33% que superaren a fase de oposición deberán ademais acreditar tal condición, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e, de ser o caso, da Administración correspondente.

Así mesmo, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública requirirá, respecto das persoal que accedan por esta cota de reserva, documento acreditativo do órgano competente sobre a compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

V.3. Os que tivesen a condición de funcionarios de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do servicio de persoal da consellería ou organismo do que dependeran para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

V.4. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2. non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas, e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.5. Rematada a fase de oposición e unha vez cumpridos os requisitos exixidos con anterioridade, os que a superasen serán nomeados funcionarios en prácticas mediante orde do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da fase de oposición. O nomeamento terá efectos desde a data do inicio do curso selectivo ao que se refire a base III.

V.6. Rematado o curso selectivo, a orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase, dentro de cada especialidade da

escala superior de finanzas, de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de oposición e na do curso selectivo, non podendo superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

No caso de igualdade de puntuación acumulada entre dous ou máis funcionarios en prácticas, a prelación entre eles establecerase tendo en conta que a cualificación obtida na fase de oposición prevalecerá sobre a cualificación acadada no curso selectivo.

V.7. A petición de destinos por parte dos funcionarios en prácticas que superaron o curso selectivo, deberá realizarse unha vez rematado o proceso selectivo, logo de oferta daqueles.

V.8. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que viñesen desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos exixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ao corpo ou escala ao que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

V.9. A adxudicación das prazas aos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base V.6 unha vez aplicado o disposto na base V.8.

V.10. Rematado o proceso selectivo, os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante orde do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida.

V.11. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VI. Disposición derradeira.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2004.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

a) Parte común:

Dereito comunitario

Tema 1. A Unión Europea: obxectivos, natureza e fins. Nacemento e fases da súa evolución. Estado actual do proceso de unificación europea.

Tema 2. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía. Características e efectos. A integración do dereito comunitario en España.

Tema 3. Institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento. Os órganos xudiciais da Unión Europea. O Banco Central Europeo.

Tema 4. As competencias da comunidade. Marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias comunitarias. Relacións entre competencia comunitaria e competencia nacional. Participación de entes territoriais non estables no proceso decisorio.

Tema 5. As liberdades básicas: libre circulación de mercadorías, persoas, servizos e capitais.

Tema 6. O orzamento da U.E. Os instrumentos financeiros. Fondos estruturais e iniciativas comunitarias.

Tema 7. Políticas comúns. Especial referencia á política de competencia e política agraria.

Dereito constitucional

Tema 8. A Constitución española de 1978. Estrutura. Características. A reforma constitucional.

Tema 9. As Cortes Xerais. As funcións das Cortes. O funcionamento das Cortes.

Tema 10. A Coroa. O Rei. O Tribunal Constitucional.

Tema 11. O Goberno. Composición. Funcións. Relacións con outros poderes.

Tema 12. O poder xudicial na Constitución.

Tema 13. Os dereitos e liberdades na súa configuración constitucional. Suspensión. Garantías.

Dereito autonómico

Tema 14. Os principios da organización territorial do Estado: exame do artigo 2 da Constitución. As comunidades autónomas: a súa natureza. Os estatutos de autonomía: natureza e contido.

Tema 15. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido.

Tema 16. Bases fundamentais da autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías.

Tema 17. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

Tema 18. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 19. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento: o control parlamentario da acción do goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 20. A delimitación competencial entre o Estado e as comunidades autónomas na Constitución. Clases de competencias autonómicas; en especial, as leis de bases e as competencias de desenvolvemento. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. As leis de harmonización.

Tema 21. As cláusulas de prevalencia e supletoriedade do dereito estatal. As competencias de Galicia no Estatuto de autonomía. Os decretos de traspaso.

Tema 22. As consellerías: organización e estrutura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma. Especial referencia á Consellería de Economía e Facenda. A Administración consultiva: O Consello Consultivo de Galicia.

Tema 23. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Persoal funcionario e persoal laboral. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Incompatibilidades. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

b) Parte específica:

I. Materia xurídica

Dereito civil

Tema 1. O dereito civil: a súa significación no ordenamento xurídico e na ciencia do dereito. O Código civil: antecedentes, estrutura e contido. Lexislación civil complementaria. As fontes do dereito en xeral e no sistema xurídico positivo español.

Tema 2. Os dereitos forais. Antecedentes e problemas da codificación foral. Os dereitos forais no sistema constitucional. Os apéndices forais. A compilación do dereito civil de Galicia: antecedentes, características e estrutura.

Tema 3. A aplicación e interpretación das normas xurídicas. Os efectos da norma xurídica. A integración do ordenamento xurídico: a analoxía e a equidade.

Tema 4. A persoa: adquisición e perda da personalidade. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. As circunstancias modificativas da capacidade. Os estados civís. A incapacitación.

Tema 5. A nacionalidade. Veciñanza civil. Domicilio. Ausencia. O Rexistro Civil.

Tema 6. A persoa xurídica: regras xerais do Código civil. As asociacións. As fundacións.

Tema 7. A representación. Influencia do tempo nas relacións xurídicas. Prescrición. Caducidade.

Tema 8. Os bens: as súas clases. Bens mobles e inmobles. O patrimonio: concepto e clases.

Tema 9. O dereito da propiedade. Contido. Protección. Os modos de adquirir: teoría xeral. A doutrina do título e o modo.

Tema 10. A ocupación. A usucapión. A accesión.

Tema 11. A comunidade de dereitos e o condominio. A posesión.

Tema 12. Usufruto, uso e habitación. As servidumes.

Tema 13. Os dereitos reais de garantía. O peñor. A anticrese. O dereito de superficie.

Tema 14. O dereito hipotecario: concepto e fontes. Trazos esenciais do sistema hipotecario español.

Tema 15. Os principios hipotecarios. Principio de inscrición. Principio de prioridade. Principio de tracto sucesivo. Principio de rogación.

Tema 16. Principio de legalidade. Principio de especialidade. Principio de fe pública rexistral.

Tema 17. A demarcación rexistral. Os libros do rexistro. O asento rexistral: concepto e clases. A cancelación. A nota marxinal.

Tema 18. A anotación preventiva: concepto e efectos xerais. Exame das recollidas no artigo 42 da Lei hipotecaria. Especial referencia á anotación preventiva de embargo.

Tema 19. A hipoteca: concepto, clases, requisitos e efectos. A prelación dos créditos tributarios e a súa relación co Rexistro da Propiedade.

Tema 20. A obrigación. Concepto. Fontes. Clasificacións: unilaterais e sinalagmáticas; puras, condicionais e a termo; específicas e xenéricas; divisibles e indivisibles. Outras clasificacións.

Tema 21. Causas de extinción das obrigacións. O pagamento. A compensación.

Tema 22. A condonación. A consignación. A perda da cousa. A confusión. A novación.

Tema 23. O contrato. Clasificacións. Xeración, perfección e consumación do contrato. Contrato preliminar e de opción. A interpretación dos contratos.

Tema 24. Ineficacia dos contratos. Nulidade, anulabilidade e rescisión. Causas e efectos.

Tema 25. Contrato de compravenda. Elementos. A compra de cousa allea. As obrigas do comprador.

Tema 26. As obrigas do vendedor. A entrega: teoría dos riscos. O saneamento. A permuta.

Tema 27. Dereitos de tanteo e retracto. Cesión de dereitos e accións.

Tema 28. Normas xerais sobre o arrendamento. Arrendamento de cousas. Arrendamento de servizos. Arrendamento de obras. Principais especialidades en materia de arrendamentos de predios rústicos e de predios urbanos.

Tema 29. Contrato de sociedade. O mandato.

Tema 30. O préstamo. O precario. O depósito.

Tema 31. A fianza. Contratos aleatorios. Transacción.

Tema 32. Arbitraxe. Os case contratos. Obrigas que nacen da culpa ou neglixencia.

Tema 33. O enriquecemento sen causa. Concorrencia e prelación de créditos.

Tema 34. Dereito de familia: carácteres. O matrimonio: requisitos. Nulidade, separación e divorcio. Causas e efectos. As medidas provisionais.

Tema 35. Réximes económicos do matrimonio: o réxime económico matrimonial primario. A sociedade de gananciais. Constitución. Bens privativos e gananciais. Cargas e obrigas. Administración e disposición dos gananciais.

Tema 36. Disolución e liquidación da sociedade de gananciais. O réxime de separación. O réxime de participación. Os réximes económicos-matrimoniais nos dereitos forais. Especial referencia ao dereito galego.

Tema 37. Patria potestade. Filiación. Alimentos entre parentes.

Tema 38. Sucesión mortis causa. O testamento: requisitos comúns. Clases de testamento. Interpretación do testamento. Institución do herdeiro.

Tema 39. A partición da herdanza: as súas fases. Efectos da partición. As substitucións hereditarias.

Tema 40. As reservas. A testamentaría.

Tema 41. As lexítimas. A desherdación. A preterición.

Tema 42. Dereito de representación e de acrecer. A sucesión intestada. A sucesión contractual. Especial referencia ao dereito civil de Galicia.

Dereito mercantil

Tema 43. O concepto do dereito mercantil. Os actos de comercio. Actos mixtos e actos de comercio por analoxía. As fontes do dereito mercantil.

Tema 44. A publicidade no dereito mercantil: o Rexistro Mercantil. Principios. Organización. Obxecto de inscrición.

Tema 45. O comerciante: concepto. O comerciante individual. Condicións de capacidade. O exercicio do comercio por estranxeiros. Os auxiliares do comerciante.

Tema 46. A sociedade mercantil: concepto, natureza e clases. Personalidade da sociedade. O obxecto social. Requisitos de constitución. A sociedade irregular.

Tema 47. A sociedade regular colectiva. A sociedade comanditaria simple. Sociedade comanditaria por accións.

Tema 48. A sociedade de responsabilidade limitada. Constitución. Réxime das achegas sociais. Órganos. Modificacións dos estatutos: ampliación ou redución do capital social. Contas anuais. A sociedade unipersoal de responsabilidade limitada.

Tema 49. A sociedade anónima. Constitución. Patrimonio e capital social. Réxime das achegas. As reservas. As accións: clases.

Tema 50. Accións sen voto. Dereitos que confiren as accións ao seu titular. Transmisión das accións: pactos limitativos. Copropiedade, usufruto e pignoración das accións. Negocios da sociedade sobre as súas propias accións.

Tema 51. A modificación dos estatutos: aumento e redución do capital social. Órganos da sociedade. Impugnación dos acordos sociais.

Tema 52. Contas anuais das sociedades anónimas. Verificación. Aprobación e publicación. Emisión de obrigacións.

Tema 53. Disolución das sociedades mercantís: causas xerais e específicas das sociedades anónimas e de responsabilidade limitada. A liquidación das sociedades mercantís.

Tema 54. Transformación, fusión e escisión das sociedades mercantís. A súa disciplina na Lei de sociedades anónimas e de responsabilidade limitada.

Tema 55. Institucións de investimento colectivo. Sociedades anónimas laborais. Cooperativas. Sociedades de garantía recíproca. Agrupacións de interese económico. Unións temporais de empresas. Sociedades e fondos de capital-risco.

Tema 56. A propiedade industrial. Patentes. Marcas. Outros dereitos de propiedade industrial.

Tema 57. Os títulos valores. A letra de cambio. Emisión e forma. O endoso da letra. A aceptación. O aval. Vencemento. Pagamento.

Tema 58. O protesto. As accións cambiarias. A intervención. Prescrición. A obriga de pagamento.

Tema 59. O cheque. Títulos ao portador e nominativos.

Tema 60. As obrigacións e os contratos mercantís: disposicións xerais do Código de comercio. A compravenda mercantil. Compravendas especiais.

Tema 61. O contrato de conta corrente. O contrato de comisión. Contrato de contas en participación. Depósito mercantil. Préstamo mercantil.

Tema 62. O leasing. O renting. O factoring. Os contratos de engineering ou transferencia de tecnoloxía. O contrato de axencia.

Tema 63. Os mercados de valores. Mercados primarios e secundarios de valores. As bolsas de valores: organización e xestión. Os contratos bolsistas. Os valores representados por anotacións en conta.

Tema 64. O sistema bancario; competencias autonómicas. O Banco de España. O crédito oficial. A banca privada. A caixa de aforros: especial referencia á normativa autonómica. Outros intermediarios financeiros.

Tema 65. Contratos bancarios. Contrato de apertura de crédito. Os bonos de caixa e certificados de depósito. Outros activos. Os contratos bancarios e a súa intervención no comercio internacional.

Tema 66. Operacións bancarias de mediación. Emisión de obrigacións e accións. Operacións sobre hipotecas. Xiros e transferencias. Compensación bancaria. Depósitos pechados e abertos. As tarxetas de crédito.

Tema 67. Contrato de transporte terrestre. Os contratos do dereito mercantil marítimo; especial referencia ao fretamento e ao subfretamento. Os contratos do dereito da navegación aérea.

Tema 68. Contrato de seguro. Clases. Elementos. Contido obrigacional xeral. Os seguros de danos: características xerais; clases. Os seguros de persoas: clases e caracteres. Os seguros obrigatorios de responsabilidade civil.

Tema 69. Os estados de anormalidade do comerciante no cumprimento das súas obrigas: principios rectores e caracterización xeral. A suspensión de pagamentos: procedemento e efectos. O convenio: efectos; impugnación.

Tema 70. A quebra. Clases e requisitos da declaración de quebra. Efectos da declaración de quebra. A masa da quebra: delimitación. Reintegración e redución. Tramitación xeral do procedemento. Prelación dos créditos. A reintegración do quebrado.

II. Materia de economía xeral

Tema 1. A ciencia económica. A actividade económica. O obxecto e os problemas da economía. O método da ciencia económica.

Tema 2. Problemas centrais a toda organización económica. As posibilidades tecnolóxicas. A Lei dos rendementos decrecentes. Economía de escala. Lei dos custos relativos crecentes.

Tema 3. O pensamento económico dos clásicos. Fundamentos da economía marxista. O pensamento económico dos economistas neoclásicos.

Tema 4. O pensamento económico keynesiano.

Tema 5. Outras achegas ao pensamento económico: monetaristas, postkeynesianos e neomonetaristas. Situación actual das investigacións no campo da macroeconomía.

Tema 6. Magnitudes agregadas básicas: produto nacional, consumo e investimento, gasto nacional. Produto nacional bruto e produto nacional neto.

Tema 7. O sector público na contabilidade nacional. Contas e magnitudes.

Tema 8. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (I). Análise polo lado da demanda. Equilibrio no mercado de bens: a curva IS. Equilibrio no mercado de diñeiro: a curva LM.

Tema 9. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (II). Análise polo lado da demanda: obtención da curva de demanda, factores que explican a Lei da demanda decrecente.

Tema 10. O sector público, as transferencias ao sector privado e os impostos.

Tema 11. Efectos da política monetaria sobre os compoñentes da demanda agregada. Problemas de diagnóstico e retardos.

Tema 12. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (III). Análise polo lado da oferta. O equilibrio no mercado de traballo e a curva de oferta agregada da economía: a formulación keynesiana. Equilibrio no modelo keynesiano.

Tema 13. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (IV). Análise polo lado da oferta. O equilibrio no mercado de traballo e a curva de oferta agregada da economía: a formulación clásica. Diferenzas co modelo keynesiano.

Tema 14. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (V). Equilibrio no modelo keynesiano. Efectos da política monetaria. Efectos da política fiscal.

Tema 15. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (VI). Equilibrio no modelo clásico. Efectos da política monetaria. Efectos da política fiscal.

Tema 16. Modelo de determinación da renda nunha economía pechada (VII). Equilibrio no modelo estático básico con oferta de traballo sensible aos cambios de nivel de prezos en menor medida que as variacións de salarios. As políticas monetarias e fiscal no modelo estático básico.

Tema 17. Ampliación do estudo da función de demanda agregada do consumo privado. A teoría keynesiana.

Tema 18. O gasto, a renda relativa de Duessemberry, demanda de consumo, renda normal. A teoría da renda permanente de Friedman. A teoría do ciclo vital de Modigliani, Brumberg e Ando.

Tema 19. Ampliación do estudo da función de investimento. O criterio de valor do investimento. A taxa marxinal do capital, o tipo de xuro e a eficacia marxinal do investimento.

Tema 20. A función de aforro. A súa natureza. Equilibrio aforro-investimento. O papel do sector público na canalización do aforro.

Tema 21. Ampliación do estudo da demanda de diñeiro: a teoría cuantitativa clásica (Fisher). A formulación Cambridge. A preferencia pola liquidez keynesiana. A teoría cuantitativa moderna (Hicks, Friedman). O método de inventario aplicado á demanda de diñeiro (Baumol-Tobin).

Tema 22. Ampliación do estudo da oferta monetaria: definición M1, M2 e M3. O mecanismo de expansión monetaria. A oferta monetaria sensible ao xuro e a súa inserción no modelo estático clásico.

Tema 23. Un modelo de determinación da renda nunha economía aberta: a conta corrente e o equilibrio do mercado produtivo. A conta de capital e o equilibrio da balanza de pagamentos. O axuste da balanza de pagamentos e a curva LM. Plan de acción para axustar a balanza de pagamentos.

Tema 24. O axuste da balanza de pagamentos e a política monetaria. Introdución. O axuste da balanza de pagamentos nun sistema de cambio fixo. O axuste da balanza de pagamentos nun sistema de cambio flutuante.

Tema 25. A política monetaria e a política fiscal ante as situacións de desequilibrio nunha economía aberta. Retardos e coordinación.

Tema 26. Nivel de emprego, salarios e prezos. Introdución. Nivel de emprego e salarios reais. Salarios monetarios e nivel de emprego na oferta do mercado de traballo. Salarios monetarios e nivel de emprego da demanda do mercado de traballo.

Tema 27. Os prezos e a política de rendas. O nivel de prezos e as súas variacións. As curvas de Philips e a política de rendas.

Tema 28. A inflación: o proceso inflacionista. Efectos da inflación.

Tema 29. A distribución da renda. Medición das diferencias persoais, espaciais e funcionais. O sector público e a función de distribución da renda.

Tema 30. O sistema financeiro (I). Estrutura do sistema monetario. O Banco Central. As súas funcións.

Tema 31. O sistema financeiro (II). Os bancos comerciais e os intermediarios financeiros non bancarios. Variacións nas reservas bancarias. Controis indirectos e controis selectivos do crédito. Equilibrio nos mercados de activos.

Tema 32. O sistema financeiro (III). Os fluxos monetarios e a transmisión dos impulsos monetarios. O problema da causación inversa.

Tema 33. O sistema financeiro (IV). A análise da oferta monetaria. Os fluxos financeiros da economía. Integración de fluxos financeiros e os fluxos reais.

Tema 34. Teoría da demanda baseada no concepto de utilidade, utilidade total e utilidade marxinal. O comportamento do consumidor. Obtención da curva de demanda. Efecto renda e efecto substitución.

Tema 35. Teoría da demanda baseada nas curvas de indiferencia. As curvas de indiferencia. As súas características. O equilibrio do consumidor. As curvas de demanda. Efecto renda, efecto substitución. Distintos tipos de curvas de demanda.

Tema 36. Outros aspectos da teoría da demanda. A teoría da demanda baixo os supostos do equilibrio parcial. O excedente do consumidor. A teoría da preferencia revelada.

Tema 37. A función de produción. Curvas isocuantas e isocustos: concepto, características e obtención. Función de produción homoxénea. As

curvas de produto a curto prazo: a Lei de rendementos decrecentes.

Tema 38. Os custos de produción (I). Concepto. Curto prazo: curvas de custos. Relacións e propiedades xeométricas das curvas de custo a curto prazo.

Tema 39. Os custos de produción (II). O longo prazo: curvas de custos. Economía e deseconomías de escala. Relacións entre curvas de custo a curto e longo prazo: dimensión óptima.

Tema 40. O mercado de competencia perfecta: a oferta. Características deste modelo de mercado. A curva de oferta da empresa a curto prazo. A curva de oferta da industria a curto prazo. A oferta a longo prazo da empresa e da industria.

Tema 41. O mercado de competencia perfecta. O prezo. O prezo do equilibrio. As elasticidades da oferta e a demanda. A estabilidade do equilibrio. O teorema da arañeira.

Tema 42. O monopolio da oferta (I). Concepto. Os ingresos e o prezo. O equilibrio. Discriminación de prezos. O monopolio con múltiples plantas.

Tema 43. O monopolio da oferta (II). Efectos do monopolio. A intervención sobre os monopolios. O monopolio con fins sociais. A política da marxe constante.

Tema 44. Outros modelos do mercado. O oligopolio: concepto. Tipos de interdependencia de oligopolistas. Teoría de comportamento oligopolístico. A competencia monopolística. O poder do monopolio.

Tema 45. A formación do prezo dos factores de produción. Introdución. As leis de distribución nun mercado de competencia perfecta. As leis de distribución en condicións monopolísticas.

Tema 46. Teoría económica do benestar. As condicións do óptimo. A curva de posibilidades de utilidade. A función de benestar social e o benestar económico.

Tema 47. Imperfeccións da competencia. Externalidades e fallos do mercado. Fundamento da intervención do sector público.

Tema 48. Equilibrio xeral. Explicación do funcionamento do equilibrio xeral a través da interacción de dous mercados e de tres mercados. Expresión analítica do equilibrio xeral.

Tema 49. Comercio internacional. Formulación clásica da teoría da vantaxe comparativa. A relación real de intercambio. As funcións de produción na teoría de comercio internacional.

Tema 50. O modelo de Heckscher-Ohlin. A dotación dos factores e a estrutura produtiva. Relacións entre prezos e factores de prezos de produtos. Contrastacións empíricas.

Tema 51. A estrutura do comercio mundial. Crecemento económico e comercio internacional. Formulacións teóricas.

Tema 52. A protección arancelaria. Métodos de protección.

Tema 53. A protección non arancelaria. A protección efectiva. A teoría da integración. Problemas de organización de comercio internacional.

Tema 54. A teoría do ciclo económico (I). Introdución. A teoría da innovación de Schumpeter. O modelo de Kaldor.

Tema 55. A teoría do ciclo económico (II). A interacción do multiplicador e o acelerador segundo Samuelson. A teoría de Hicks.

Tema 56. O crecemento económico (I). Introdución. Significación e medida do crecemento económico. Economías desenvolvidas e subdesenvolvidas.

Tema 57. O crecemento económico (II). A teoría do crecemento de Harrold-Domar. A teoría neoclásica do crecemento.

Tema 58. Estrutura económica de España (I). O sector FAO: perfil histórico da política agraria en España: a estrutura agraria actual. Breve estudo dos subsectores do sector FAO.

Tema 59. Estrutura económica de España (II). O sector industrial: etapas do proceso de industrialización español. O sector público industrial. Problemas actuais da política industrial.

Tema 60. Estrutura económica de España (III). O sector industrial: o sector enerxético. As industrias extractivas. A siderurxia. A construción naval. A industria da construción e a política da vivenda.

Tema 61. Estrutura económica de España (IV). Sistema financeiro. O Banco de España. Entidades oficiais de crédito. A banca privada. As caixas de aforro.

Tema 62. Estrutura económica de España (V). As entidades de seguros. Outros intermediarios financeiros. A bolsa.

Tema 63. As sociedades mercantís. Clasificación. Requisitos de constitución. Sociedade colectiva. Sociedade comanditaria por accións.

Tema 64. A sociedade de responsabilidade limitada.

Tema 65. A sociedade anónima (I). Réxime vixente no dereito español. Fundación. Os estatutos. O capital social e as reservas. A acción. A emisión de obrigacións.

Tema 66. A sociedade anónima (II). Órganos. Censura de contas. Impugnación dos acordos sociais. O peche do exercicio social. O balance. A conta de perdas e ganancias.

Tema 67. O proceso extintivo das sociedades mercantís. Transformación, fusión e escisión de sociedades; a súa disciplina na Lei de sociedades anónimas e de responsabilidade limitada.

Tema 68. A letra de cambio (I). Emisión e forma. O endoso da letra. A aceptación. O vencemento. O protesto. As accións cambiarias.

Tema 69. A letra de cambio (II). Pagamento da letra. A intervención. O aval. Prescrición. A obriga de pagamento.

Tema 70. O cheque. Os títulos nominativos e ao portador.

III. Materia de economía de empresa

Tema 1. Economía da empresa: concepto, obxecto e contido. A empresa como realidade económica. Funcións e elementos da empresa.

Tema 2. Concepto e clases de empresas.

Tema 3. A empresa e o seu marco institucional. A empresa e o mercado: a actividade comercial na empresa e o sistema económico. O mercado e a competencia. A demanda.

Tema 4. O empresario: o seu concepto na economía moderna. Expectativas, estratexias e política. O contorno, límites e metas.

Tema 5. Os obxectivos da empresa. Sistemas de dirección e xestión.

Tema 6. As teorías e principios de organización. Principais modelos de organización.

Tema 7. A organización estrutural. As relacións e as comunicacións. Os diferentes tipos de autoridade. A responsabilidade. As relacións na empresa.

Tema 8. Os traballos en grupo. As distintas clases de grupos. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 9. A centralización ou descentralización da autoridade. Grao de descentralización. Campo. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 10. A estrutura de organización. Análise desta.

Tema 11. A planificación na empresa: o seu concepto. O papel da planificación. Establecemento de metas. A dimensión da planificación. O proceso de planificación.

Tema 12. As decisións na empresa e os sistemas de toma de decisións: concepto e clases. O proceso de toma de decisións.

Tema 13. A información no proceso de decisións.

Tema 14. O control da empresa: concepto. Elementos. O proceso de control. O control en directo.

Tema 15. Os principais sistemas de control. Enumeración, contido e alcance.

Tema 16. A integración da planificación e o control.

Tema 17. Política de persoal: planificación, selección, formación, promoción e retribución. Motivación.

Tema 18. A estrutura económico-financeira da empresa. As fontes de financiamento da empresa. Equilibrio entre investimentos e financiamentos. O concepto de fondo de rotación.

Tema 19. O investimento na empresa: concepto. Clases de investimento.

Tema 20. Os métodos clásicos de valoración e selección de proxectos de investimento. O período de maduración: concepto e cálculo.

Tema 21. Selección de investimentos: método de valor capital. Método de taxa de retorno. Similitude entre ambos os métodos. O problema das taxas de retorno múltiples.

Tema 22. As decisións de investimentos secuenciais. As árbores de decisión. A análise bayesiana.

Tema 23. O investimento en bens de equipamento. Determinación da duración óptima. Decisións de renovación de equipamentos.

Tema 24. O investimento en efectivo. O saldo óptimo da tesourería. Determinación de activo circulante.

Tema 25. O financiamento interno ou autofinanciamento. A amortización: causas da depreciación. A función financeira das amortizacións.

Tema 26. Métodos de amortización. O efecto expansivo da amortización.

Tema 27. O autofinanciamento propiamente dito. O autofinanciamento no balance. O seu efecto multiplicador. Vantaxes e inconvenientes.

Tema 28. O custo do autofinanciamento para a empresa.

Tema 29. O financiamento da empresa (I). Mercado primario e secundario de valores. A emisión de valores. O dereito de subscrición. Valoración de accións e obrigacións.

Tema 30. O financiamento da empresa (II). O crédito a longo, medio e curto prazo. O endebedamento permanente.

Tema 31. O financiamento externo da empresa: contratos de leasing, factoring, renting. Outras formas de financiamento externo.

Tema 32. Financiamentos especiais de inmobilizado. O leasing, factoring, renting. Outras formas de financiamento externo.

Tema 33. O custo do capital (I). O custo efectivo dunha fonte de financiamento particular. O custo da débeda. O custo do capital ordinario.

Tema 34. O custo do capital (II). O custo das accións privilexiadas. Custo dos beneficios retidos. O custo do capital medio ponderado.

Tema 35. A estrutura financeira óptima da empresa e política de dividendos. Endebedamento e rendibilidade financeira. A estrutura financeira óptima. A tese de Modigliani-Miller e a tradicional. Política e dividendos e o valor das accións. O modelo de Gordon.

Tema 36. A valoración externa da empresa. Principios básicos. Valor matemático ou contable, valor de liquidación, valor de reposición, valor substancial, valor bolsista e valor de rendemento da empresa. O concepto de goodvill. Método para determinar o valor global da empresa.

Tema 37. Teoría do beneficio contable (I). O beneficio da empresa. A relatividade de beneficio.

Tema 38. A información contable da empresa e a inflación. O problema. As solucións. A empresa española e a inflación.

Tema 39. A planificación financeira. Concepto. Modelos de planificación financeira. Modelo simplificado de planificación financeira. O modelo de Goran Erikson.

Tema 40. O sistema de produción: concepto e elementos. Clases de procesos. Obxectivos e decisións do sistema de produción.

Tema 41. Análise e deseño do sistema de produción. Distribución de servizos e manexo de materiais.

Tema 42. Os custos de produción: concepto e clasificación. Formación do custo.

Tema 43. O control de custos. As desviacións económicas e técnicas. A desviación total.

Tema 44. Principios e modelos de produción. Volume óptimo de produción a curto prazo. Modelo inicial de programación de produción.

Tema 45. A programación de sistemas de multiprodución. A programación lineal e o método de Simplex.

Tema 46. Planificación da produción. Análise de postoptimalidade ou de sensibilidade. Variacións nas limitacións do programa de produción. Variación na contribución dos procesos aos obxectivos da empresa. Cambios nos procesos produtivos. Dualidade e prezos implícitos.

Tema 47. Programación temporal de proxectos (I). Técnicas de programación temporal. Actividades de duración aleatoria. Programación de custos e aceleración temporal.

Tema 48. Control de inventarios: concepto e clases de inventarios. Custo dos inventarios. A administración de inventarios. Determinación de existencias óptimas. Cálculo de stock de seguridade.

Tema 49. A comercialización (mercadotecnia): concepto, funcións e sistemas de mercadotecnia. Técnicas e modelos principais.

Tema 50. Investigación de mercados. Mercado e contorno. Segmentación de mercados.

Tema 51. Técnicas de avaliación da demanda: análise estatística. Investigación mediante enquisa, experimentación, outras técnicas.

Tema 52. Análise económica do programa de mercadotecnia. Sensibilidade ao óptimo e aos parámetros da función da demanda. Regras de optimización ao prezo de venda. Función de resposta publicidade-vendas. Regras de optimización do orzamento de publicidade. Relación entre elasticidade-prezo, ingreso marxinal publicitario e orzamento de publicidade. Participación de elasticidades con demanda global non expansible.

Tema 53. Política de produto (I). O produto e os seus atributos. Identificación do produto. O ciclo de vida dun produto. Liña de produtos.

Tema 54. Política de produto (II). Os novos produtos. Busca, selección e análise de novos produtos. Introdución e lanzamento de novos produtos.

Tema 55. Política de prezos. Modelos para determinación de prezos. Variacións de prezos e os seus efectos.

Tema 56. A distribución do produto. Natureza e tipos de canles de distribución e intermediarios. Elección das canles de distribución. A distribución física. Campos de acción e compoñentes. Obxectivos. Principais alternativas.

Tema 57. A dimensión da empresa. Criterios delimitadores do tamaño. Factores relacionados coa dimensión óptima. Teorías sobre o tamaño da empresa baseados nas economías de escala. Dimensión e ocupación.

Tema 58. O crecemento da empresa. Estratexias de crecemento. Planificación. Adaptación organizativa ao obxectivo de crecemento.

Tema 59. As empresas multinacionais. Evolución e causas de aparición. Estrutura. Características fundamentais da súa xestión.

Tema 60. A empresa pública. Concepto. Obxectivos da empresa pública. Efectos macroeconómicos. Características fundamentais da súa xestión.

Tema 61. O sistema de control da empresa pública. Crítica do sistema de control.

Tema 62. O financiamento da empresa pública. Metodoloxía. As fontes de financiamento externas. A estrutura financeira.

Tema 63. As sociedades mercantís. Clasificación. Requisitos de constitución. Sociedade colectiva. Sociedade comanditaria por accións.

Tema 64. A sociedade de responsabilidade limitada.

Tema 65. A sociedade anónima (I). Réxime vixente no dereito español. Fundación. Os estatutos. O capital social e as reservas. A acción. A emisión de obrigacións.

Tema 66. As sociedades anónimas (II). Órganos. Censura de contas. Impugnación dos acordos sociais. O peche do exercicio social. O balance. A conta de perdas e ganancias.

Tema 67. O proceso extintivo das sociedades mercantís. Transformación, fusión e escisión de sociedades; a súa disciplina nas leis de sociedades anónimas e de responsabilidade limitada.

Tema 68. A letra de cambio (I). Constitución da obrigación cambiaria. O endoso da letra. A aceptación da letra. O aval. O vencemento.

Tema 69. A letra de cambio (II). O pagamento da letra. O protesto. As accións cambiarias. A intervención. Prescrición.

Tema 70. O cheque. Títulos ao portador e nominativos. A obriga de pagamento.

ANEXO II

Programa de contabilidade, matemáticas

financeiras e estatística

1. Contabilidade.

-Contabilidade financeira superior e de sociedades.

-Consolidación de balances.

2. Matemáticas financeiras.

-Capitalización simple e composta.

-Rendas constantes, variables e fraccionadas.

-Amortizacións de préstamos e empréstitos.

-Operacións con valores mobiliarios.

3. Estatística.

-Medidas de posición e dispersión: números índices.

ANEXO III

Parte 1ª

Dereito administrativo

Tema 1. A Administración e o dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. A Constitución. A lei. Os decretos leis. Os decretos lexislativos. As leis autonómicas. Os instrumentos lexislativos do artigo 150 da Constitución.

Tema 2. A potestade regulamentaria e os seus límites; en especial, a doutrina das materias reservadas á lei. O regulamento: concepto, natureza e clases. Os regulamentos ilegais: medios de reacción.

Tema 3. Os diversos entes públicos e a súa personificación. A Administración institucional. A Administración corporativa. A súa disciplina estatal e autonómica.

Tema 4. A Administración local. As entidades municipais. As entidades provinciais. Relación do ordenamento local co autonómico e o estatal.

Tema 5. As potestades administrativas. O principio de legalidade. A autotutela administrativa e a súa regulación legal. En especial, a autotutela executiva: medios de execución forzosa dos actos administrativos.

Tema 6. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases: en especial os actos presuntos e o silencio administrativo. Eficacia do acto administrativo.

Tema 7. A invalidez dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade: causas e efectos. As irregularidades non invalidantes. As técnicas de emenda. A revisión de oficio dos actos administrativos: supostos e procedemento. A revogación do acto administrativo.

Tema 8. O procedemento de contratación administrativa (I). Ámbito subxectivo e obxectivo de aplicación do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. Os órganos de contratación. Requisitos do contratista. As garantías nos contratos. A preparación dos contratos.

Tema 9. O procedemento de contratación administrativa (II). O expediente de contratación e a súa tramitación. Os procedementos e as formas de adxudicación dos contratos. O pagamento do prezo. A revisión do prezo. Causas comúns de extinción dos contratos. A cesión e a subcontratación.

Tema 10. O procedemento de contratación administrativa (III). O contrato de obras. O contrato de abastecementos. Os contratos de consultoría e asistencia e dos servizos. O contrato de xestión de servizos públicos.

Tema 11. O patrimonio da Xunta de Galicia. Normas xerais. Prerrogativas. Adquisición de bens e dereitos pola Xunta de Galicia. Normas esenciais sobre o seu tráfico xurídico. En especial, o dominio público da Xunta de Galicia.

Tema 12. A noción do servizo público. Os modos de xestión do servizo público.

Tema 13. A posición xurídica do administrado. As posicións activas: dereitos subxectivos e intereses lexítimos do administrado. As posicións desfavorables do administrado: cargas, deberes e suxeicións. As sancións administrativas.

Tema 14. A expropiación forzosa: regulación. Elementos. Procedemento; en especial a expropiación urxente. A reversión. Referencia aos procedementos especiais.

Tema 15. A responsabilidade patrimonial da Administración. Fundamento. Orzamentos. Procedementos. Responsabilidade dos funcionarios e dos contratistas. A responsabilidade do Estado lexislador.

Tema 16. O procedemento administrativo; regulación. Principios. Estrutura. Terminación; as súas formas.

Tema 17. Os recursos administrativos: concepto e clases. Tramitación xeral dos recursos. O recurso de reposición. O recurso de alzada. O recurso extraordinario de revisión.

Tema 18. A xurisdición contencioso-administrativa: ámbito, órganos e competencias. As partes. O obxecto. O procedemento; recursos. Referencia aos procedementos especiais.

Tema 19. A Administración pública e a xustiza. Os conflitos xurisdicionais, cuestións de competencia, e conflitos de atribucións.

Parte 2ª

Facenda pública

Tema 20. O sector público. A actividade financeira. A Facenda pública: adscrición científica e contido actual. A actividade do sector público na asignación e distribución. Erros do mercado e bens sociais. Provisión pública de bens.

Tema 21. A actividade do sector público sobre a demanda global e o crecemento. Efectos dos gastos públicos sobre a demanda global. O financiamento dos gastos e os seus efectos sobre a estabilidade. Gastos, impostos e crecemento económico.

Tema 22. A Facenda pública no pensamento económico. A Facenda pública nos mercantilistas, fisiócratas e clásicos. Marxinalismo, Keynesianismo e outras escolas na Facenda pública. Teorías positivas sobre a Facenda pública.

Tema 23. Adopción de decisións no sector público: A elección social. Elección social e preferencias individuais. Democracia directa e democracia representativa. Burocracia, clases sociais e grupos de interese.

Tema 24. O orzamento como instrumento de elección social. O orzamento: aspectos xerais. O ciclo orzamentario. A elaboración e execución do orzamento. Decisións orzamentarias sobre gastos e ingresos: a estrutura orzamentaria. O orzamento e os sistemas de planificación e programación. Proceso de execución e control do orzamento.

Tema 25. A Contabilidade nacional e o sector público. Contabilidade nacional: aspectos xerais. Contas de fluxos e de sectores: saldos e agregados. A contabilidade das administracións públicas.

Tema 26. Os bens públicos. Gastos de defensa. Servizos xerais: xustiza, orde e relacións exteriores. Gastos en capital fixo social. Bens asignados publicamente. Gastos en educación: obxectivos e problemas de produción. A sanidade: produción e dotación privada ou pública. A vivenda: gastos públicos e regulación de alugueiros.

Tema 27. Selección de proxectos de gasto público. Fundamentos da avaliación de proxectos. Custos, beneficios, taxas e regras de decisión. Os aspectos distributivos na selección de proxectos.

Tema 28. Os ingresos públicos e a imposición. Criterios de clasificación dos ingresos públicos. O imposto: concepto e elementos integrantes. Principais figuras impositivas.

Tema 29. Principios xerais da imposición. Beneficio e capacidade de pagamento como criterios de distribución. A incidencia impositiva. Custos implícitos da imposición: imposición óptima. Distintos custos dos impostos. Custos de eficiencia: distorsións tributarias. Exceso de gravame e imposición óptima.

Tema 30. Os sistemas fiscais. Evolución e estrutura dos impostos. Condicionantes da estrutura tributaria. Tendencias actuais dos modelos tributarios. A tributación actual e os seus efectos sobre a equidade, a produtividade e o emprego. A fraude fiscal como condicionante dos modelos tributarios. As propostas de reformas fiscais.

Tema 31. Imposición sobre a renda das persoas físicas: concepto e natureza. Capacidade de pagamento, concepto fiscal de renda e base impoñible. Unidade contribuínte e alternativas na súa configuración. As tarifas e os seus problemas.

Tema 32. Imposición persoal sobre o gasto: concepto e antecedentes. Elementos esenciais desta imposición. Efectos económicos e valoración actual.

Tema 33. Imposición sobre o patrimonio e a riqueza. Imposición sobre o patrimonio neto. Imposición sobre sucesións e doazóns. Imposición sobre transmisións patrimoniais onerosas.

Tema 34. Imposición sobre sociedades: concepto e características desta imposición. Base impoñible: problemas e alternativas de determinación. Tipos de gravame, integración e incidencia.

Tema 35. A imposición xeral sobre vendas: concepto e clasificación. Impostos plurifásicos ou monofásicos sobre vendas. A imposición sobre o valor engadido.

Tema 36. Imposición sobre consumos específicos. Asignación e distribución nas accisas. Valoración actual destes impostos.

Tema 37. Imposición sobre o comercio exterior: concepto e antecedentes. Gravame sobre importacións e exportacións: finalidades. Os axustes fiscais en fronteira.

Tema 38. Déficit público e Facenda extraordinaria. Déficit público: clases e problemas no seu financiamento. Privatización de activos públicos. A inflación como unha forma de imposición.

Tema 39. A débeda pública e a creación de diñeiro. Concepto, clases e natureza da débeda pública. Administración da débeda pública e análises da súa incidencia. Creación de diñeiro e señoreaxe.

Tema 40. Prezos, taxas e contribucións especiais. Empresa pública e fixación pública de prezos. As taxas: concepto e clasificación. As contribucións especiais.

Tema 41. Tendencias actuais dos modelos tributarios. A tributación actual e os seus efectos sobre a equidade, a produtividade e o emprego. A fraude fiscal como condicionante dos modelos tributarios. As propostas de reformas fiscais.

Tema 42. Os distintos niveis da Facenda pública. Distribución de competencias e modelos de financiamento. As subvencións intergobernamentais.

Tema 43. A Facenda pública internacional. Sector público nunha economía aberta: coordinación internacional. Coordinación impositiva e dobre imposición internacional. Harmonización fiscal: a experiencia da Comunidade Europea.

Parte 3ª

Dereito orzamentario e financeiro

Tema 44. O dereito financeiro: concepto e contido. A Facenda pública na Constitución española.

Tema 45. O dereito orzamentario: concepto e contido. O Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade Autónoma.

Tema 46. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (I). Concepto e contido. Clasificacións orzamentarias segundo lexislación vixente. Elaboración e aprobación.

Tema 47. Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma (II). As modificacións orzamentarias. Tipoloxía, requisitos e competencias para a súa autorización. O control das modificacións orzamentarias. Liquidación dos orzamentos.

Tema 48. Actividade financeira e orzamento de gasto. Concepto de gasto público. O acto administrativo de gasto e suxeitos da relación xurídica de gasto.

Tema 49. Procedemento xeral de execución do gasto público: aprobación do gasto. Compromiso de gasto. Recoñecemento da obrigación e proposta de pagamento. Extinción das obrigas a cargo da Facenda pública.

Tema 50. Xestión de gastos de persoal. Retribucións dos empregados públicos. A Seguridade Social dos empregados públicos. A xestión dos gastos de clases pasivas.

Tema 51. A xestión de gastos contractuais. O nacemento das obrigas contractuais. O cumprimento dos contratos. O recoñecemento da obriga. Xustificación. A extinción da obriga contractual. As obrigas de exercicios futuros.

Tema 52. A xestión de gastos de transferencias (I). As subvencións: concepto, natureza e clasificación. O procedemento de concesión e pagamento. Xustificación.

Tema 53. A xestión de gastos de transferencias (II). Reintegro. Infraccións administrativas en materia de subvencións. O delito subvencional. A xestión de gastos derivados da responsabilidade patrimonial das administracións públicas. A xestión de outros gastos de transferencias.

Tema 54. A Tesouraría da Comunidade Autónoma: funcións e competencias. A xestión de pagamentos. Pagamentos a xustificar e anticipos de caixa fixa. Réxime xurídico do endebedamento do sector público e dos avais da Comunidade Autónoma. O Igape.

Tema 55. O dereito da contabilidade pública. O Plan Xeral de Contabilidade Pública de Galicia. Principios contables, contas anuais e normas de valoración.

Tema 56. A Conta Xeral da Comunidade Autónoma. Formación e remisión. Documentos e estados que a integran. Exame, comprobación e aprobación. As contas económicas do sector público.

Tema 57. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (I). Concepto de control. Clases de control. Natureza, fundamento e ámbito de aplicación do control. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma: organización e funcións.

Tema 58. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (II). O control previo de legalidade. Concepto, regulación e principios xerais. Control previo de legalidade de ingresos. Control previo de legalidade de gastos e pagamentos. Diferentes momentos de exercicio. A omisión da intervención.

Tema 59. O control interno da actividade económico-financeira do sector público (III). O control financeiro. Concepto. Regulación e principios xerais. Clases de control financeiro. A auditoría como forma de exercicio do control financeiro.

Tema 60. O control externo da actividade económico-financeira do sector público (I). O control parlamentario. O control do Tribunal de Contas e do Consello de Contas. O Consello de Contas: competencias e funcións. A función fiscalizadora.

Tema 61. O control externo da actividade económico-financeira do sector público (II). A función xurisdicional do Tribunal de Contas. Réxime de responsabilidade na xestión financeira pública. Os procedementos para a exixencia de responsabilidade contable.

Parte 4ª

Dereito tributario

Tema 62. O dereito tributario: concepto e contido. As fontes do dereito tributario. Os principios do ordenamento tributario español.

Tema 63. A aplicación e a interpretación das normas tributarias. Ámbito temporal e criterios de suxeición ás normas tributarias. Interpretación e cualificación. A integración das normas tributarias: analoxía, simulación e conflito na aplicación da norma tributaria.

Tema 64. Os tributos. Concepto, fins e clases de tributos. A relación xurídico-tributaria. As obrigas tributarias: a obriga tributaria principal, a obriga tributaria de realizar pagamentos á conta, as obrigas entre particulares, as obrigas tributarias accesorias e formais.

Tema 65. Os obrigados tributarios: clases. Dereitos e garantías. Os suxeitos pasivos. O contribuínte. Exencións subxectivas. A capacidade de obrar na orde tributaria. Representación. Residencia e domicilio fiscal.

Tema 66. Os responsables tributarios. A responsabilidade tributaria. Responsables solidarios e subsidiarios. Os sucesores. Retedores e obrigados a ingresar á conta. Outros obrigados tributarios.

Tema 67. Os elementos de cuantificación da obriga tributaria. A base impoñible: concepto e métodos de determinación. A base liquidable. O tipo de gravame. A cota tributaria. A débeda tributaria: concepto. Garantías da débeda tributaria.

Tema 68. A aplicación dos tributos (I). Concepto e órganos competentes. A información e asistencia aos obrigados tributarios. A consulta tributaria. O número de identificación fiscal.

Tema 69. A aplicación dos tributos (II). Os procedementos administrativos en materia tributaria: fases. Obriga de resolución e prazos de resolución. A proba. Notificacións. A denuncia pública. As liquidacións tributarias.

Tema 70. Actuacións e procedemento de xestión tributaria (I). Funcións de xestión tributaria. Decla

racións. Autoliquidacións. Comunicacións de datos. Procedemento de devolución iniciado mediante autoliquidación, solicitude ou comunicación de datos. Procedemento iniciado mediante declaración

Tema 71. Actuacións e procedemento de xestión tributaria (II). Procedemento de comprobación de valores. Procedemento de verificación de datos. Procedemento de comprobación limitada

Tema 72. A recadación (I). Órganos de recadación: organización da xestión recadadora da Xunta de Galicia. Extinción das débedas: o pagamento. Prescrición. Insolvencias. Aprazamentos e fraccionamentos. Garantías para o aprazamento e o fraccionamento. O procedemento de compensación. A compensación de oficio de débedas de entidades públicas.

Tema 73. A recadación (II). A recadación en período executivo. O procedemento de constrinximento: concepto. Concorrencia de procedementos. Suspensión. Embargo e alleamento de bens e dereitos. O procedemento fronte a responsables e sucesores. Privilexios para o cobro de débedas tributarias: a Facenda pública e os procesos concursais. As terzarías.

Tema 74. A inspección dos tributos (I). Funcións. Facultades. Deberes. Clases de actuacións. Iniciación e desenvolvemento das actuacións inspectoras. Terminación. Documentación das actuacións inspectoras

Tema 75. A potestade sancionadora en materia tributaria (I). Principios. Os suxeitos responsables das infraccións e sancións tributarias. Concepto e clases de infraccións e sancións tributarias. Contificación das sancións. Extinción da responsabilidade.

Tema 76. A potestade sancionadora en materia tributaria (II). Procedemento sancionador en materia tributaria: iniciación, instrución e terminación. Tramitación conxunta. Tramitación separada. Delitos contra a Facenda pública. Descrición dos tipos penais contra a Facenda pública

Tema 77. Revisión de actos en vía administrativa. Normas comúns. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas: ámbito de aplicación, organización e competencias.

Tema 78. As reclamacións económico-administrativas: os interesados no procedemento. A suspensión. O procedemento xeral: procedemento en única ou primeira instancia, recursos en vía económico-administrativa, procedemento abreviado ante órganos unipersoais.

Tema 79. O sistema tributario español. Imposición directa e indirecta: estrutura e relacións. Armonización fiscal comunitaria.

Tema 80. O imposto sobre a renda das persoas físicas (I): natureza, obxecto e ámbito de aplicación. O feito impoñible. Rendas exentas. Contribuíntes. Período impositivo, devengo do imposto e imputación temporal. Determinación da base impoñible. Ren

dementos do traballo, do capital e de actividades económicas.

Tema 81. O imposto sobre a renda das persoas físicas (II). Ganancias e perdas patrimoniais. Integración e compensación de rendas. Mínimo persoal e familiar. A base liquidable. Determinación da cota íntegra e líquida estatal.

Tema 82. O imposto sobre a renda das persoas físicas (III). O gravame autonómico ou complementario. A cota diferencial. A tributación familiar. Réximes especiais. Xestión do imposto. O imposto sobre a renda de non-residentes.

Tema 83. O imposto sobre o patrimonio das persoas físicas. Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Base impoñible e liquidable. A débeda tributaria. Xestión do imposto.

Tema 84. O imposto sobre sociedades (I): feito impoñible. Suxeitos pasivos por obriga persoal ou real de contribuír. Exencións. Período impositivo e devengo do imposto. Base impoñible: correccións de valor; regras de valoración e imputación temporal.

Tema 85. O imposto sobre sociedades (II). Débeda tributaria: tipos de gravame, cota íntegra, bonificacións, deducións, retencións, devolucións e pagamentos a conta. Réximes especiais. Xestión do imposto.

Tema 86. O imposto sobre sucesións e doazóns (I). Feito impoñible: presuncións. Suxeito pasivo e responsables. Base impoñible. Normas especiais sobre adquisicións mortis causa.

Tema 87. O imposto sobre sucesións e doazóns (II). Base impoñible (continuación): normas especiais sobre adquisicións gratuítas inter vivos e en materia de seguros. Comprobación de valores. A base liquidable. A tarifa. A débeda tributaria. Devengo e prescrición.

Tema 88. O imposto sobre sucesións e doazóns (III). Normas especiais sobre o dereito de usufruto, uso, habitación, substitucións, fideicomisos, reservas, particións e excesos de adxudicación, repudiación, renuncia e doazóns. Obrigas formais. Xestión do imposto.

Tema 89. O imposto sobre o valor engadido (I). Natureza e ámbito de aplicación. Feito impoñible. Breve referencia ás exencións. Lugar de realización do feito impoñible. Devengo do imposto. Suxeitos pasivos e responsables.

Tema 90. O imposto sobre o valor engadido (II). Repercusións. A base impoñible. A débeda tributaria: tipos impositivos. Deducións. Devolucións. Réximes especiais. Xestión.

Tema 91. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (I). Natureza e contido. Ámbito de aplicación territorial. Transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible,

suxeito pasivo, base impoñible e cota tributaria. Regras especiais sobre determinados bens e dereitos. Tributación das operacións societarias: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria.

Tema 92. O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (II). Actos xurídicos documentados: principios xerais e tramitación dos documentos administrativos, mercantís e notariais. Disposicións comúns: beneficios fiscais, comprobación de valores, devengo, prescrición, obrigas formais, xestión e devolución.

Tema 93. Os impostos especiais. Os impostos especiais de fabricación: Disposicións comúns e principais normas reguladoras. O imposto sobre vendas retallistas de determinados hidrocarburos. O imposto especial sobre a electricidade. Outros impostos especiais: o imposto especial sobre determinados medios de transporte.

Tema 94.Os dereitos de aduanas. O arancel aduaneiro común. Os impostos aduaneiros. Os réximes aduaneiros económicos. Zonas francas e depósitos francos. O imposto sobre as primas de seguros.

Tema 95. A tributación sobre o xogo (I): tributos cedidos: a tributación sobre o xogo, máquinas recreativas, casinos, bingos, rifas, tómbolas e combinacións aleatorias. Lexislación estatal e autonómica.

Tema 96. A tributación sobre o xogo (II): tributos propios: o imposto sobre o bingo. A tributación ambiental. O imposto sobre contaminación atmosférica. O canon de saneamento.

Tema 97. As taxas e prezos públicos. Lei de taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 98. O financiamento das comunidades autónomas (I): conceptos xerais. A LOFCA (segundo a redacción dada pola Lei orgánica 7/2001, do 27 de decembro): estrutura e contido. Recursos financeiros. Participación nos ingresos do Estado e o fondo de suficiencia. As asignacións de nivelación. O Fondo de Compensación Interterritorial. Os réximes especiais do País Vasco, Navarra e Canarias.

Tema 99. O financiamento das comunidades autónomas (II): o sistema de financiamento das comunidades autónomas segundo a Lei 21/2001, do 27 de decembro. Financiamento do sistema no ano base, recursos do ano base e evolución do sistema. A cesión de tributos do Estado ás comunidades autónomas: alcance das facultades cedidas. Capacidade normativa das comunidades autónomas en relación cos impostos cedidos. Recargas sobre impostos do Estado.

Tema 100. O sistema tributario local. A Lei reguladora das facendas locais. Estrutura e contido. Os impostos municipais preceptivos e potestativos. Outros recursos. Taxas e contribucións especiais.

Instrucións para o/a interesado/a

*Instrucións xerais.

-Escriba soamente á máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.

-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en todos os exemplares.

-Evite dobrar o papel e realizar correccións, emendas ou riscadas.

-Non escriba nos espazos sombreados ou reservados.

-Non esqueza asinar o impreso.

-Non esqueza achegar o impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.

-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa segundo a base I.3.1 da convocatoria.

-Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación da minusvalidez, de ser o caso.

*Instrucións particulares.

1. Corpo. Consigne o texto e o código correspondente segundo a táboa seguinte:

01. Grupo A. Corpo superior de Administración, escala superior de finanzas.

2. Grupo. Sinale a letra do grupo correspondente.

Instrucións para cumprimentar o anexo V

Códigos

Consellería dePresidencia, Relacións Institucionais e Administración PúblicaCódigo04

Delegación deServizos centraisCódigo13

Servicio deSecretaríaCódigo01

Taxa: denominaciónInscrición proceso selectivo para o acceso ao corpo superior de administración, grupo A, escala superior de finanzasCódigo300300

ANEXO VI

Don/a

con domicilio en

e con DNI/Pasaporte declara baixo

xuramento ou promete, para efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de

finanzas, que non está sometido a sanción disciplinaria ou condena no Estado de ,

que me impida o acceso á función pública.

En (país e localidade), de de 200 .