DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.307

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2004 pola que se fai público o volume máximo de operacións subsidiables, o límite de crédito dispoñible e o tipo de xuro aplicable durante o ano 2005, así como a modificación parcial de condicións do convenio de apoio financeiro 2004-2006 aos investimentos das pequenas e medianas empresas financiado mediante contratos de arrendamento financeiro, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades de crédito.

O convenio de apoio financeiro 2004-2006 aos investimentos das pequenas e medianas empresas financiado mediante contratos de arrendamento financeiro, subscrito entre o Instituto Galego de Pro

moción Económica e as entidades de crédito, publicado mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2004 (DOG nº 20, do 30 de xaneiro), prevé a publicación no Diario Oficial de Galicia do límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas no ano 2005 e das partidas orzamentarias asignadas ao seu financiamento, así como do tipo de xuro aplicable no ano 2005, procedendo igualmente a indicar a contía máxima que se vai financiar mediante contratos de arrendamento financeiro.

Dado que a aplicación da cláusula transitoria do ano 2004 supuxo un incremento importante dos proxectos que se van apoiar mediante este programa, e tendo en conta a demanda de financiamento manifestada polas Pemes galegas para novos proxectos que se van realizar, considérase conveniente esta

blecer unha nova cláusula modificando o requisito de emprego para acceder a condicións de subsidiación máis beneficiosas, estendendo a súa aplicación ás solicitudes de axuda presentadas no ano 2005.

Así mesmo, e para lles dar resposta ás necesidades de financiamento manifestadas polas empresas e acadar unha maior eficacia no pagamento da axuda, posibilítase a formalización de operacións subsidiables por un prazo superior aos 60 meses inicialmente previstos e establécese o pagamento da axuda dunha soa vez.

Por todo o anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas

RESOLVO:

Primeiro.-Para o ano 2005, as axudas reguladas no convenio de apoio financeiro 2004-2006 aos investimento das pequenas e medianas empresas financiado mediante contratos de arrendamento financeiro, subscrito entre o Igape e as entidades de crédito, financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 02.01.01/06/02.656700 cun crédito plurianual de 687.000 euros para o ano 2005 e de 2.000.000 de euros para o ano 2006. A concesión das axudas condicionarase á existencia de crédito orzamentario suficiente.

Segundo.-As entidades de crédito poderán subscribir contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos no convenio, ata a contía máxima de 42.060.726,26 A para o exercicio 2005.

Terceiro.-O tipos de xuro aplicables no ano 2005 serán os seguintes:

Para as operacións a tipo fixo solicitadas durante o ano 2005, o 3,85%.

Para as operacións a tipo de xuro variable, será o 3,35% durante o ano 2005.

Cuarto.-Establécese unha nova cláusula de aplicación transitoria con vixencia durante o ano 2005, de xeito que para as solicitudes de axuda presentadas no Igape no ano 2005, se establecen as seguintes condicións:

1. As cláusulas 8.4.3 e 8.4.4 quedan modificadas pola seguinte redacción:

8.4.3. A subsidiación do tipo de xuro será de 3 puntos para empresas de nova creación, empresas que creen 3 ou máis empregos con contrato indefinido, sempre que sexa mantido durante polo menos dous anos desde a data de contratación, empresas que realicen o seu proxecto investidor nalgún dos concellos que se relacionan no anexo II ou empresas cuxa actividade principal sexa o transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada e acometan proxectos de renovación da frota dirixidos á súa modernización e mellora ambiental, e de 2 puntos para o resto dos casos.

8.4.4. O tipo de xuro resultante para o beneficiario, é dicir, o tipo de xuro menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ao 1% para empresas de nova creación, empresas que creen 5 ou máis empregos, empresas que realicen o seu proxecto investidor nalgún dos concellos que se relacionan no anexo II ou empresas cuxa actividade principal sexa o transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada e acometan proxectos de renovación da frota dirixidos á súa modernización e mellora ambiental, e ao 2% para o resto dos casos.

2. As condicións relativas á creación de emprego, establecidas na cláusula 8.4.5, así como a xustificación do seu cumprimento, establecida nas cláusulas 10.3 e 10.4, aplicaranse exclusivamente para aquelas empresas que creen 5 ou máis empregos.

Quinto.-Modifícase o convenio nos seguintes termos:

1. A cláusula 8ª, punto 8.2. Duración dos contratos, pasa a ter a seguinte redacción:

Os contratos de arrendamento financeiro terán unha duración mínima de dous anos e máxima de sete anos.

2. A cláusula 8ª, punto 8.4.1., onde di Operacións entre 37 e 60 meses, pasa a dicir, Operacións entre 37 e 84 meses.

3. A cláusula 10ª.-Xustificación do proxecto e do mantemento e creación de emprego, pasa a ter a seguinte redacción:

Claúsula 10ª.-Xustificación do proxecto e solicitude de cobramento.

10.1.-Xustificación do proxecto e solicitude de cobramento.

Para a xustificación do proxecto de investimento e solicitude de cobramento da axuda, a entidade de crédito deberalle remitir ao Igape a seguinte documentación:

-Solicitude de cobramento: modelo establecido no anexo IX.

-Copia cotexada pola entidade de crédito do contrato de arrendamento.

-Copias cotexadas pola entidade de crédito dos documentos xustificativos do investimento e dos medios de pagamento.

-Documentación acreditativa do cumprimento da condición de creación de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes.

-Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas ou obtidas polo beneficiario para o proxecto (anexo VII).

-Documentación acreditativa das condicións particulares establecidas na resolución de concesión.

-Certificacións acreditativas do cumprimento de obrigas fiscais, de estar ao día coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma galega.

-Certificación expedida pola entidade financeira acreditativa da titularidade da empresa do nº de conta onde se deberá efectuar o pagamento da subvención.

A remisión ao Igape da documentación xustificativa sinalada no apartado anterior resultará necesaria para proceder ao pagamento da subsidiación aprobada, podendo o Igape solicitar cualquera otra documentación que coide necesaria para a resolución da solicitude.

10.2. Proxectos correspondentes a contratos de arrendamento financeiro por importe superior a 800.000 A.

De acordo co establecido no artigo 15.3 do Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, a comprobación material do investimento aprobado para contratos de arrendamento financeiro por importe a financiar superior a 800.000 A substitúese por xustificación documental consistente na copia cotexada do contrato de arrendamento financeiro formalizado, certificado de conformidade coa entrega do ben arrendado e copias cotexadas de documentación xustificativa da realización do investimento. Iso sen prexuízo da posibilidade de realización polo Igape de cualquera outras actuacións de control e inspección que poida considerar oportunas.

10.3. Xustificación do mantemento de emprego.

Unha vez transcorridos dous anos desde o prazo límite para a creación de emprego, establecido na cláusula 8.4.5, o beneficiario deberalle remitir ao Igape a seguinte documentación acreditativa do mantemento de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes.

Naqueles expedientes suxeitos ao cumprimento da condición a que se refire o punto 2 da cláusula 2ª, o Igape, igualmente, comprobará que se acadaron os niveis de estabilidade laboral exixidos.

4. A cláusula 11ª.-Liquidación e pagamento da subsidiación, pasa a ter a seguinte redacción:

Cláusula 11ª.-Cálculo da axuda financeira, xustificación do proxecto e solicitude de cobramento.

11ª.1.-Cálculo da axuda financeira:

A axuda financera que se conceda pagarase dunha soa vez e para o seu cálculo procederase do seguinte xeito:

a) O importe da subvención calcularase mediante a elaboración de táboas ou cadros de amortización nos cales se tomará como tipo de xuro os puntos de subsidiación efectivos concedidos e como prazo

o do total do contrato. Para estes efectos teranse en conta as seguintes consideracións:

1. As cotas son prepagables, é dicir, pagadas ao principio do período.

2. No momento contractual realizarase o desembolso da entrega á conta e da primeira cota, ambas constituídas soamente por capital. Non se imputarán, polo tanto, xuros á primeira cota.

3. No resto das cotas convense o aboamento anticipado dos xuros, o que deixa o valor residual con capital exclusivamente.

4. O cálculo da cota, aplicando as características anteriores ao método preparable francés, vén dado pola expresión:

C - V (1 + i)

a =

l - (l + i)

(l + i)

i

Onde:

a = importe da cota do período.

C = capital inicial.

V = valor residual para exercer a opción de compra.

i= xuro do período en tanto por un.

TIN

i =

100p

TIN = tipo de xuro nominal anual.

p = nº de veces que se cobra a cota durante o ano (12).

O total da columna carga financeira do cadro de amortización, así calculado, será o montante da subsidiación para todo o período.

Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano da presentación da solicitude no Igape.

b) Para a determinación dos puntos de subvención efectivos terase en conta o establecido na cláusula 8.4.4 e tomarase como tipo de xuro nominal o que corresponda ao ano da presentación da solicitude no Igape.

c) No caso de que o contrato sexa cancelado, total ou parcialmente, calcularase o novo importe da subvención e o importe que terá que reintegrar o beneficiario ao Igape, que deberá realizar na forma e prazos que se estableza na resolución de reintegro.

Sexto.-O anexo IX (solicitude de cobramento de subsidiación) substitúese polo que se une a esta resolución.

Sétimo.-Esta resolución entrará en vigor o día 3 de xaneiro de 2005.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica