DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.305

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2004 pola que se convocan para o exercicio 2005 as axudas reguladas polo convenio de apoio financeiro 2004-2006 ao sector transporte público por estrada de Galicia para a renovación da frota de vehículos, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades de crédito.

O convenio de apoio financeiro 2004-2006 ao sector transporte público por estrada de Galicia para a renovación da frota de vehículos, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades de crédito, publicado mediante Resolución do 14 de maio de 2004 (DOG nº 100, do 26 de maio), prevé que o Igape proceda á convocatoria anual das axudas neste reguladas, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia do límite de crédito dispoñible para a súa concesión e a partida orzamentaria destinada ao seu financiamento.

Así mesmo, prevé a publicación no Diario Oficial de Galicia do tipo de xuro de referencia para cada ano de vixencia do convenio, procedendo igualmente a indicar a contía máxima que se vai financiar mediante contratos de arrendamento financeiro.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Primeiro.-Convócanse para o exercicio 2005 as axudas reguladas no convenio de apoio financeiro 2004-2006 ao sector transporte público por estrada de Galicia para a renovación da frota de vehículos, subscrito entre o Igape e as entidades de crédito, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.01/06/06.656700 cun crédito plurianual de 518.490,38 euros para o ano 2005 e de 224.509,62 euros para o ano 2006, e a súa concesión estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente.

Segundo.-As entidades de crédito poderán subscribir contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos no convenio, ata unha contía máxima que se financiará total de 8 millóns de euros.

Terceiro.-Os tipos de xuro que serán de aplicación ás operacións solicitadas ao abeiro deste convenio durante o ano 2005, serán os seguintes:

-Para as operacións a tipo fixo, o 3,85%.

-Para as operacións a tipo variable, o 3,35% durante o ano 2005.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2004.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de

Promoción Económica