DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, complementaria da do 28 de outubro de 2004, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2005, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo concello da Pobra do Caramiñal e realizada - por petición do concello - a oportuna rectificación pola delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña, cómpre facer a correspondente rectificación na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 222, do luns 15 de novembro de 2004, así:

-No anexo I provincia da Coruña, na páxina 15.602, onde di: «68. A Pobra do Caramiñal, A: 20 de agosto, luns do Carme dos Pincheiros; 19 de setembro, luns de Nazareno», debe dicir: «68. A Pobra do Caramiñal, A: 22 de agosto, luns do Carme dos Pincheiros; 19 de setembro, luns de Nazareno».

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2004.

Antonio de la Hera Roldán

Director xeral de Relacións Laborais