DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.298

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Caolines de Vimianzo, S.A. (Cavisa).

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Caolines de Vimianzo, S.A. (Cavisa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-9-2004, complementado o día 23-10-2004 e subscrito pola parte económica por Cavisa e pola parte social polos delegados de persoal o día 16-9-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de novembro de 2004.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Acta de reunión

Revisión de táboas salariais dos anos 2002 a 2004

Comisión negociadora convenio colectivo

Representación da empresa:

Jesús M. Pais Tuñas.

Miguel Ángel Ríos Vázquez.

Representación social:

Manuel Lema Costa (delegado de persoal CIG).

Francisco Mariscal Álvaro (delegado de persoal CIG).

Asesores sindicais:

Xabier Filgueira Domínguez (CIG).

En Vimianzo, sendo as 17.00 horas do día 16 de setembro de 2004, reúnense nos locais da empresa Caolines de Vimianzo, S.A.U., os representantes da empresa e os representantes dos traballadores.

Estando a representación social integrada polos delegados de persoal xunto cos asesores sindicais e a representación da empresa polo director xeral e o xefe de persoal.

Ambas as representacións chegan aos seguintes acordos:

1. Asinar as táboas salariais revisadas correspondentes aos anos 2002, 2003 e 2004 do convenio colectivo de Caolines de Vimianzo, S.A. con vixencia desde o ano 2002 ao ano 2004, e solicitar da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

E non tendo máis asuntos que tratar deuse por rematada a reunión sendo as 17.30 horas na data e lugar indicados no encabezamento deste escrito.