DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.248

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 23 de decembro de 2004 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2005.

A Lei 1/2004, do 21 de decembro, de horarios comerciais, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2005, determina que o número mínimo de domingos e días festivos nos que os comercios poderán permanecer abertos ao público será de doce. Xunto con isto tamén figura a previsión de que as comunidades

autónomas poderán modificar o dito número de domingos e festivos en atención ás súas necesidades comerciais, incrementando ou reducindo, sen que en ningún caso se poida limitar por debaixo de oito o número mínimo de domingos e festivos de apertura autorizada.

Tendo en conta o novo marco normativo que se configura na devandita lei e de acordo co disposto no artigo 3 apartado 2º do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 98/1998, do 20 de marzo, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio fixará anualmente oito domingos e festivos, que se consideraran hábiles para os efectos do exercicio da actividade comercial en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En aplicación dos citados preceptos, logo de consulta efectuada cos axentes socioeconómicos interesados, e tendo en conta o interese xeral do comercio e dos consumidores, procédese á fixación dos 8 domingos e festivos que, para os efectos do exercicio da actividade comercial, teñen a condición de hábiles durante o ano 2005,

DISPOÑO:

Artigo único.

Os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público cun horario máximo de 12 horas diarias durante o ano 2005 son:

2 de xaneiro

9 de xaneiro

19 de marzo

3 de xullo

4 de decembro

8 de decembro

11 de decembro

18 de decembro

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ao día 1 de xaneiro de 2005.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2004.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL