DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 29 de decembro de 2004 Páx. 18.248

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 22 decembro de 2004 pola que se determinan as festas locais nas que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2005.

De acordo co disposto no artigo 3.2º do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito na Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 98/1998, do 20 de marzo, as festas locais soamente se considerarán hábiles para os efectos da actividade comercial se os respectivos concellos así llo solicitan á Consellería de Innovación, Industria e Comercio con anterioridade ao 15 de novembro de cada ano para a súa incorporación ao calendario que rexerá no ano seguinte.

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes dos concellos, e á vista das presentadas.

DISPOÑO:

1. Autorizar a apertura dos establecementos comerciais durante o ano 2005 nos festivos locais dos concellos e días que de seguido se relacionan:

-Concello de Ferrol (A Coruña): 7 de xaneiro e 28 de marzo.

-Concello de Barbadás (Ourense): 8 de febreiro e 11 de novembro.

-Concello de Padrenda (Ourense): 24 de xuño e 16 de agosto.

-Concello de Vilardevós (Ourense): 16 de agosto.

-Concello de Gondomar (Pontevedra): 11 de xullo e 16 de agosto.

-Concello de Lalín (Pontevedra): 26 de setembro.

-Concello de Vigo (Pontevedra): 28 de marzo.

2. O resto dos festivos locais non determinados no punto anterior consideraranse inhábiles para os efectos de actividade comercial durante o ano 2005.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2004.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio