DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.228

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ANUNCIO.

De conformidade co previsto na base 3.5 do Acordo do 14 de outubro de 2004 polo que se convoca proceso selectivo para a cobertura por persoal laboral fixo dun posto de traballo de técnico de mantemento do cadro de persoal desta Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), encadrado no grupo 9 da clasificación de persoal recollida no artigo 31 do convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas, publicado por Resolución do 6 de maio de 2002 (DOG nº 94, do 16 de maio), ao que se adheriu esta fundación segundo se acredita en Resolución do 7 de agosto de 2002 (DOG nº 188, do 30 de setembro), anúnciase que a primeira e segunda proba eliminatoria do dito proceso selectivo realizaranse o vindeiro luns día 10 de xaneiro de 2005 ás 17.00 horas na sede da Fegas.

Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que quedarán excluídos do proceso os aspirantes que non comparezan. Non se permitirá a entrada con teléfonos móbiles.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2004.

Javier Bouzada Romero

Presidente da comisión de selección da Fundación

Pública Escola Galega de Administración

Sanitaria