1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.
2. Obxecto do contrato: subministración de emulsión asfáltica ECR-2, para o Servizo de Vías e Obras.
3. Orzamento (IVE incluído): 156.800 euros.
4. División por lotes e número: único.
5. Duración do contrato: ano 2005.
6. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.
7. Garantía definitiva: 4 por 100 do orzamento de licitación.
8. Información: Servizo de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).
9. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares e técnicas.
10. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais, desde o seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
11. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.
12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
13. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 283 do 10 de decembro de 2004).
Lugo, 10 de decembro de 2004.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo