DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso aberto.

1. Obxecto do contrato: a execución dos traballos de deseño e elaboración do manual de identidade corporativa do Concello de Vilagarcía de Arousa.

2. Prazo do contrato: seis meses.

3. Prezo do contrato: 36.000 A.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional, para participar no concurso será de 720 A.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións (Secretaría Xeral), en man, das 9.30 ás 13.30 horas durante os vinte e seis días naturais seguintes ao da publicación do último dos anuncios nos BOP ou DOG.

Tamén se poderán presentar na forma prevista no parágrafo 2º da cláusula XI.1.

As proposicións axustaranse ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas e cumprirán as formalidades e documentación previstas na cláusulas XI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 23 de novembro de 2004.

Joaquín J. Gago López

Alcalde