DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONCURSO aberto para a contratación da prestación dos servizos de xestión da escola infantil de Saiáns en Vigo.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 6251-301.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión da escola infantil municipal de Saiáns.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo. 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 172.000 euros/ano.

5. Garantía provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: Oficina de Información Xeral de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: no grupo U, subgrupo 5, categoría B.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ao da publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP. Documentación: a exixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Prazo da obriga de manter a oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10.30 horas do primeiro luns seguinte ao día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 15 de decembro de 2004.

Mª Corina Porro Martínez

Alcaldesa