DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO sobre convocatoria de concurso: contrato privado de leasing para adquirir o balneario de Caldeliñas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 366/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contrato privado de arrendamento financeiro. b) Lugar de prestación do servizo: Verín. c) Prazo de prestación do servizo: 10 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 225.379,54 euros.

5. Garantías: non se esixen.

6. Obtención de documentacion e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural (quince días naturais), desde o seguinte ao da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos especificos do contratista: non se exixen.

8. Presentacion das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural (quince días naturais) desde o seguinte ao da publicación deste edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo). b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación. c) Lugar de presentación: mesmos datos punto 6. d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a manter a súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ao da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior. b) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións:

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas las bases de contratación. b) Aprobación do expediente de contratación: pleno do 29-11-2004. c) Consulta documentación: oficina de información do concello, situada na planta baixa da casa do concello. Teléfono: 988 41 00 00/981 41 00 01.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 30 de novembro de 2004.

Emilio González Afonso

Alcalde