1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán, expediente nº 2004/179C.
2. Obxecto do contrato.
Descrición: rede de saneamento na parroquia de San Pedro.
Prazo de execución: 12 meses.
3. Tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 328.632,43 euros.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación e información: no Concello de Nigrán, praza da Constitución, 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Tfno.: 986 36 50 00; fax: 986 38 39 31, ata o remate do prazo de presentación de propostas. Tamén poderá consultarse na web www.nigran.org/anuncios.
7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación:
-Grupo E, subgrupo 1, categoría c).
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.
c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Nigrán, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.
8. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán ás trece horas do oitavo día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Nigrán, 16 de decembro de 2004.
Alfredo Rodríguez Millares
Alcalde