DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 17 de decembro de 2004, aprobou inicialmente o estudo de detalle remitido a ordenación especial OE-L1, denominado río Anllóns, no núcleo da Laracha, promovido de oficio polo concello e redactado polo arquitecto Ángel Luís Monteoliva Díaz.

O expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días, de conformidade co disposto no artigo 86.2º, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística, durante o cal calquera persoa física ou xurídica poderá examinalo e formular as alegacións que procedan.

Lugar de exposición do expediente: Oficina Técnica (1ª planta da casa do concello).

Horario: das 9.00 ás 15.00 horas.

A Laracha, 17 de decembro de 2004.

José Manuel López Varela

Alc alde