DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello do Grove, en sesión do 21-12-2004, aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal que se somete a exposición

pública polo prazo de dous meses a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, consonte o exixido polo artigo 85.2º da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. A documentación queda á disposición de todos os interesados nas dependencias municipais en horario de mañá. O acordo adoptado foi o seguinte:

«Proposta da alcaldía:

1. Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Grove segundo o proxecto presentado polo equipo redactor, coas seguintes modificacións:

-No solo urbanizable número 2 as condicións serán 50% da parcela libre, 40% destinado a vivendas sociais, coeficiente de edificabilidade 0,85, iniciará a edificación en tres anos como máximo desde a aprobación de plan xeral e o seu desenvolvemento será a través dun estudo de detalle.

-Suprimir o solo urbanizable número 5 quedando clasificado como solo rústico de protección ordinaria.

-Que se recolla o perímetro dos núcleos rurais seguindo a realidade física da parcela, sempre que estas non sexan maiores que a unidade mínima de cultivo.

-No solo urbanizable 18 engadir a vivenda existente e a súa correspondente parcela cuxa dimensión da unidade mínima de cultivo permanecerá de propiedade particular.

-No solo urbanizable 15 a edificabilidade será de 0,45 m/m, e a densidade de vivendas non poderá superar a cifra de 30 vivendas/hectárea. Na epígrafe de Condicións especiais engadir quedando unha franxa de 5 metros desde a parte traseira da edificación en dirección ao límite do sector de propiedade municipal. O Concello garantirá o acceso ao solo urbanizable desde a praia.

2. O proceso de urbanización da Illa da Toxa desenvolveuse durante varios anos, sen que no momento actual se poida dar por concluído.

É interese da Corporación incluír a ordenación da Illa no chamado solo urbano consolidado xa que a súa ordenación e urbanización se atopa practicamente terminada. Non obstante existen deficiencias nas obras de urbanización a súa corrección é absolutamente imprescindible para que o Concello poida acceder á súa recepción.

Consonte o anterior, a clasificación outorgada debe ir acompañada dun compromiso de urbanización por parte dos propietarios e/ou promotores da urbanización, compromiso apoiado polos avais procedentes, de tal modo que se garanta que as obras de mellora, reforma ou reparación da urbanización, serán levadas a cabo polos propietarios, antes de que o Concello proceda á súa recepción.

Polo dito, antes de proceder á aprobación provisional do documento por parte da Corporación debe subscribirse o compromiso de urbanización sinalado,

xa que do contrario se incluiría a totalidade dos terreos no chamado solo urbano non consolidado, impoñendo o remate das obras como obriga.

A mesma condición operará no resto dos plans parciais recollidos nas normas subsidiarias de planeamento municipal de 1996.

3. Someter o dito documento aprobado inicialmente ao trámite de información publica durante o prazo de dous meses mediante anuncio no DOG e dous xornais de maior circulacion da provincia.

4. Dar audiencia ao municipio limítrofe de Sanxenxo.

5. Solicitar das administracions publicas competentes os informes sectoriais legalmente exixidos.

6. Ao abeiro do artigo 77.2º da LOUPMRG suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas na totalidade do termo municipal sinalando expresamente como de aplicación o artigo 120.1º inciso final do Regulamento de planeamento urbanístico, non obstante, poderanse conceder licenzas baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento».

O Grove, 22 de decembro de 2004.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde