DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-12/2004).

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o 10 de decembro de 2004, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Único.-admitir a trámite con carácter de aprobación inicial o estudo de detalle da parcela sita na rúa Cantera, nº 11, esquina a travesía dos Rosales, Labañou, A Coruña, promovido pola entidade Pía Unión Obra da Señora e redactado polo arquitecto Arturo López de la Osa Jiménez».

O estudo de detalle sométese ao trámite de información pública, polo prazo de vinte días, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e formular as alegacións que no seu dereito competan. A consulta pode efectuarse no Servizo de Urbanismo, Sección de Planemento, situado na rúa do Parque, s/n, en horario laboral de 8.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación correrán por conta do seu promotor.

A Coruña, 14 de decembro de 2004.

Francisco Javier Losada de Azpiazu

Concelleiro delegado de Urbanismo