DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por concurso da subministración, polo sistema de renting, de dous ser

vidores para aplicacións informáticas no Concello de Cambre.

-Orzamento: 1.124,77 euros mensuais, IVE incluído.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 289, do 17 de decembro do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consultar os pregos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello, e na páxina web http//www.cambre.org/publicaciones, e presentar alegacións aos pregos no prazo de oito días.

O prazo para presentar as proposicións e demais documentación será de quince días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 20 de decembro de 2004.

(R.A. 26-6-2003)

Andrés Rafael López Arcay

Concelleiro-delegado de Urbanismo, Facenda

e Réxime Interior