DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CEDULA do 2 de decembro de 2004, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento aos debedores que se citan (expediente C-2-CD/68, conta 896).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, de 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles aos interesados cos datos e domicilio (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por todos os medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia

e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ao día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presentar os documentos e xustificacións que coiden convenientes ao seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos que se acordará no expediente de desafiuzamento ou de ser o caso, execución hipotecaria, iniciado co presente documento, e que rematará co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 2 de decembro de 2004.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Yolanda Varela Calvo e herdeiros de Antonio Varela Ruiz e Carmen Calvo Caaveiro.

Expediente: C-2-CD/68 (F.P. 106/04).

Conta: 896.

Avda. de Castelao, bloque 12, P-12, 11º B-esq. (Ferrol).

Importe da débeda: 274,26 A.