DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de decembro de 2004, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución denegatoria do expediente 36-X-0179/04, a nome de Juan Manuel Parcero Martínez, de axudas complementarias destinadas a mozos adquirentes de vivendas de protección pública, devolta polo servizo de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido do interesado (rúa

O Rosal, nº 1, 1º B-Moaña), sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Juan Parcero Martínez, a resolución denegatoria do expediente 36-X-0179/04 correspondente á solicitude presentada de subvención complementaria destinada a mozos para a adquisición/promoción dunha vivenda de protección pública, ao abeiro da Orde do 10 de marzo de 2004, que literalmente transcrito di:

«Á vista da documentación presentada, e logo das comprobacións e inspeccións oportunas, acórdase, ao abeiro do determinado no artigo 9 da Orde do 10 de marzo de 2004, propoñer a denegación da aprobación do expediente.

Motivos da denegación:

* Os ingresos corrixidos da unidade familiar exceden de 21.000 A (artigo 2.2º da Orde de 10 de marzo de 2004).

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación da presente resolución.

Pontevedra, 1 de outubro de 2004. O delegado provincial. Por vacante. O xefe de área provincial (art. 18-1º e), Decreto 70/1997, do 14 de marzo). Asdo.: Andrés Iglesias López. Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2004. Conforme coa proposta. O director xeral do IGVS. Asdo.: José Antonio Redondo López».

Pontevedra, 1 de decembro de 2004.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra