DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria e anticipada do gasto, para a adxudicación do contrato de xestión de servizo público en réxime concesional de clave OH.215.634/XSP.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

2. Obxecto de cada contrato.

Descrición do obxecto: explotación das instalacións da rede de abastecemento en alta da marxe dereita da ría de Arousa (A Coruña).

Número de expediente: OH. 215.634/XSP.

Orzamento base de licitación ou orzamento de explotación da concesión. Importe total: doce millóns catrocentos corenta e tres mil setecentos cincuenta euros (12.443.750 A).

Prazo de execución: 300 meses (25 anos).

Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: acreditarase polos medios previstos no punto 5 deste anuncio.

Garantía provisional: nove mil novecentos cincuenta e cinco euros (9.955 A).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato) e da documentación técnica:

-A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Com

postela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27 e fax: 981 95 74 03.

-A copistería Copynino na rúa Xeneral Pardiñas nº 2, galerías-baixo, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono y fax 981 58 89 38.

-A páxina web: http:/www.xunta.es/contratacion.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

5. Requisitos específicos do contratista.

-A solvencia económica e financeira acreditarase mediante un informe de institución financeira e unha declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servizos ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres (3) últimos exercicios. Deberase, ademais, acreditar na devandita declaración que a empresa concorrente ou as empresas agrupadas en forma de unións temporais de empresas (UTE) teñan realizado, individualmente no primeiro caso ou, no seu conxunto no caso das UTE, unha cifra de negocios superior aos 300 millóns de euros nos ditos tres (3) últimos exercicios.

-A solvencia técnica ou profesional acreditarase mediante as titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato; unha descrición do equipamento técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integrados directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade; e unha declaración do material, instalacións e equipamento técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente ao modelo que se inclúe no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer ao concurso, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceira nº 18.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura realizarase o día 28 de xaneiro de 2005.

e) Hora: 9.30 horas.

8. Outras informacións.

-Modalidade contractual: concesión.

-A tarifa máxima de explotación e a súa revisión, así como o consumo medio anual das instalacións figuran nos correspondentes cadros de características do contrato.

-Garantía definitiva: catro por cento (4%) dos ingresos previstos durante o primeiro ano de explotación.

-Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

-A presente contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela se derivan no exercicio correspondente, de conformidade co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2004.

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública de Obras e

Servizos Hidráulicos