DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2004 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite ordinario e anticipado do gasto, para a adxudicación do contrato de execución das obras do proxecto de clave OH.227.405 e dúas máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

2. Obxecto de cada contrato.

1º Descrición do obxecto: outras actuacións. Dotación de servizos de abastecemento. Abastecemento de auga a parroquias do Concello de Pol (1ª fase). Pol (Lugo)

Número de expediente: OH.227.405.

Orzamento base de licitación. Importe total: cincocentos cincuenta e cinco mil euros (555.000 A).

Prazo de execución (meses): dezaoito (18).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: non se exixe.

2º Descrición do obxecto: plan de saneamento. Saneamento integral do Concello de Ribadeo. 1ª fase. Ribadeo (Lugo).

Número de expediente: OH.327.326.

Orzamento base de licitación. Importe total: seiscentos corenta mil euros (640.000 A).

Prazo de execución (meses): dezaoito (18).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: non se exixe.

3º Descrición do obxecto: plan de saneamento. Ampliación do abastecemento e saneamento nas parroquias de Posmarcos, O Xobre e Lesón. A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Número de expediente: OH.515.543.

Orzamento base de licitación. Importe total: seiscentos dezasete mil seiscentos corenta e sete euros con cincuenta e catro céntimos (617.647,54 A).

Prazo de execución (meses): dezaoito (18).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Garantía provisional: non se exixe.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada do gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato) e da documentación técnica:

-A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27 e fax: 981 95 74 03.

-A copistaría Copynino na rúa Xeneral Pardiñas nº 2, galerías-baixo, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 58 89 38.

-A páxina web: http:/www.xunta.es/contratacion.

b) Data límite de obtención de documentos e información: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

5. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: a exixida, para cada contrato no punto 2 anterior.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente ao modelo que se inclúe no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer ao concurso, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: segundo o especificado no cadro de características do contrato.

7. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceira nº 18.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o día 15 de febreiro de 2005.

e) Hora: 9.30 horas.

8. Outras informacións.

-Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación, para cada un dos contratos indicados no punto 2 anterior.

-Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Cofinanciamento da Unión Europea: as actuacións referidas ás obras co número 1 do punto 2 anterior están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun setenta por cento (70%).

-A presente contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente, de conformidade co disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2004.

Emilio García Gallego

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servizos Hidráulicos