DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO do 23 de decembro de 2004 complementario á licitación do contrato dos servizos de limpeza para a sede dos servizos centrais deste organismo.

No DOG nº 243, do 16 de decembro de 2004, publicouse a Resolución do 9 de decembro de 2004 pola que se anunciaba a licitación, polo sistema de concurso, con procedemento aberto para a contratación dos servizos enriba citados.

A documentación necesaria para preparar as ofertas púxose a disposición dos licitadores na páxina web www.xunta.es/contratacion. Nos pregos de prescricións técnicas enviados ao portal informático detectáronse as seguintes contradicións internas:

No punto 3.1 do prego de prescricións técnicas, establécese que o número mínimo de efectivos para a realización dos traballos é dun (1) traballador. Sen embargo, no orzamento estimado de execución tense en conta o salario de tres (3) traballadores. Verificada a dita incongruencia procedeuse a corrixir o punto 3.1 do prego de prescricións técnicas, onde di: «un (1) traballador», debe dicir: «tres (3) traballadores».

No punto 4 do prego de prescricións técnicas indícase que a xornada laboral será de dúas horas diarias. Sen embargo, no orzamento establécese que a dedicación de cada traballador será de tres horas diarias. Verificada a dita incongruencia procedeuse a corrixir o punto 4 do prego de prescricións técnicas, onde di: «durante dúas horas», debe dicir: «durante tres horas diarias cada un dos traballadores».

O que se publica para xeral coñecemento.

Dado que este anuncio non afecta o anuncio de licitación non se considera un erro substancial polo que non modifica o publicado no DOG do 16 de decembro de 2004.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2004.

Juan Carlos Argüello Fernández

Secretario xeral do organismo autónomo Augas de Galicia