DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2004, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación dunha planta recuperadora de disolventes usados, promovida por Regadi, S.A. no concello do Porriño (Pontevedra). Clave: 2003/0276 (IPPC/AEA).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da con

taminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro) e no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (BOE nº 292, do 7 de decembro), faise público que quedará exposta, durante 30 días hábiles en horas de atención ao público, a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada, que incorpora o estudo de efectos ambientais e a documentación para a obtención da licenza de actividade do proxecto que se cita, co fin de que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes. Para iso, poranse á disposición dos administrados exemplares da devandita documentación nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (San Lázaro, s/n 15781 Santiago de Compostela).

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra (rúa Nova de Abaixo, 2-36071 Pontevedra).

-Concello do Porriño (A Rapeira s/n, Pontevedra).

O prazo comezará a contar e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2004.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Memoria resumo

Clave: 2003/0276 (IPPC/AEA).

Peticionario: Recuperadora Gallega de Disolventes (Regadi, S.A.)

Domicilio: estrada Salceda de Caselas 23, 36418 O Porriño (Pontevedra).

Actividade: recuperación de disolventes.

Localización: as coordenadas UTM que definen a parcela son:

XY

531718,274664560,80

531778,964664492,86

531721,674664423,22

531718,274664434,54

531739,034664462,57

531700,684664523,43

Obra civil: sobre unha parcela de 4.916 m ocuparase un 37% cun edificio dedicado a produción e outro a servizos.

Etapas de proceso: almacenamento, evaporación e destilación.

Capacidade de tratamento: 700 kg/h de disolventes usados.