DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 1 de decembro de 2004, do Servizo de Protección do Patrimonio Cultural, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador S-C-07/2004, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle o acordo de incoación do expediente sancionador S-C-07/2004 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, á persoa que a seguir se relaciona.

O/A interesado/a dispón dun prazo de quince días hábiles desde a publicación desta cédula para alegar perante a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo o que considere conveniente para a defensa dos seus intereses, alegando ou propoñendo as probas que coide oportunas, e poderá retirar copia do presente acordo na Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo na Coruña.

Santiago de Compostela, 1 de decembro do 2004.

Mª Isabel Martínez-Pedrayo Valeiras

Xefa do Servizo de Protección do Patrimonio Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-C-07/2004.

Interesada: Dolores Lago Malvárez.

Enderezo: rúa da Amargura, 10. 15250 Muros (A Coruña).

Asunto: realización de obras de derrubo, baleirado interior, reconstrución da planta baixo-cuberta e substitución da cuberta, nunha vivenda sita na rúa da Amargura, 10, dentro do conxunto histórico-artístico da vila de Muros, carecendo da autorización previa e preceptiva da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Precepto infrinxido: art. 91 h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: art. 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.