DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 decembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións do aproveitamento hidroeléctrico no río Xallas. (Expediente 570/2001).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do aproveitamento hidroeléctrico no río Xallas e a liña soterrada a 20 kV de conexión do dito aproveitamento co da empresa distribuidora Unión Fenosa Distribución, S.A., nos termos municipais de Negreira e Outes (expediente nº 570/2001), por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 25 de novembro de 2004 (DOG do 10 de decembro), a favor da entidade

beneficiaria Hidroeléctrica del Arnoya, S.L., con enderezo na rúa Cantón Grande, nº 6-6º, 15003 A Coruña.

Esta delegación acorda sinalar os días 10, 11, 12, 13, 14, 17, 18, 19, 20 e 21 de xaneiro de 2005 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos obxecto de expropiación en pleno dominio e para imposición e servidumes de paso afectados polas instalacións de referencia, contidas as ditas afeccións na relación de predios que se expón xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos concellos de Negreira e Outes, deducida das que se someteron a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 4-8-2004, 6-8-2004 e 28-6-2004, respectivamente en relación co aproveitamento hidroeléctrico e de datas 26-4-2004, 4-5-2004 e 20-5-2004 respectivamente para a liña soterrada de conexión do dito aproveitamento; acto ao que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, as

que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os horarios e toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das referidas casas do concello.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación segundo o establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, con traslado ao Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 15 de decembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO