DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudo sobre a adecuación do balance entre a oferta e a demanda en Galicia. (Expediente 4/2004 DXC).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou dar publicidade á adxudicación do contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudo sobre a adecuación do balance entre a oferta e a demanda en Galicia (expediente 4/2004 DXC).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 4/2004 DXC.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: a realización dun estudo sobre a adecuación entre a oferta e a demanda comercial na Comunidade Autónoma de Galicia. O devandito estudo ten como finalidade determinar os déficits ou superávits de dotación comercial existentes en Galicia e dimensionar o crecemento potencial de grandes establecementos comerciais nos diferentes ámbitos territoriais nos que se divide o territorio galego, contribuíndo desta maneira ao seu equilibrio territorial para poder efectuar unha axeitada ordenación do sector cara á implantación de grandes equipamentos comerciais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG do 7 de setembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 110.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 29 de outubro de 2004.

Adxudicatario: Fundación Privada Institut Ildefons Cerdá.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: noventa e catro mil cincocentos euros (94.500 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2004.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 17 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio