DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do contrato de servizos consistente no desenvolvemento dunha campaña de promoción e divulgación da Semana da Ciencia en Galicia e 3ª edición do Premio Galicia Innovación Junior e do Premio de Xornalismo Científico. (Expediente 7/2004 DXI+D).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou dar publicidade á adxudicación do contrato servizo consistente no desenvolvemento dunha campaña de promoción e divulgación da Semana da Ciencia en Galicia e 3ª edición do Premio Galicia Innovación Junior e do Premio de Xornalismo Científico (expediente 7/2004 DXI+D).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Número de expediente: 7/2004 DXI+D.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servizos.

Descrición do obxecto: a realización dunha campaña de divulgación das actividades científicas e tecnolóxicas que constitúen a Semana da Ciencia e da Tecnoloxía en Galicia 2004, así como a campaña de divulgación da convocatoria da terceira edición do Premio Galicia Innovación Junior e da campaña de divulgación da terceira edición do Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG do 11 de agosto de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 108.500 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 27 de setembro de 2004.

Adxudicatario: Agencia de Publicidad de Galicia, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cento cinco mil novecentos nove euros con setenta e oito céntimos (105.909,78 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2004.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 17 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio