DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/169-2, 6342 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Láncara.

Domicilio social: P. de San Xulián, 27367 P. San Xiao-Láncara.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. para punto limpo de Láncara.

Situación: Láncara.

Descricións técnicas:

-L.M.T. aérea a 20 kV con orixe nun apoio da L.M.T. existente e final no C.T. aéreo proxectado, en condutor LA-56, cunha lonxitude de 41 m.

-C.T. intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

-R.B.T. aérea con orixe no C.T. proxectado, en condutor tipo R.Z., cunha lonxitude de 129 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta delegación provincial no prazo de vinte días.

Lugo, 26 de outubro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo