DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato de consultoría e asistencia consistente na redacción dun Plan de promoción da sociedade da información en Galicia. (Expediente 3/2004 DXT).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de consultoría e asistencia consistente na redacción dun Plan de promoción da sociedade da información en Galicia (Exp. 3/2004 DXT).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 3/2004 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: a elaboración dun Plan marco de actuación 2005-2006 da Xunta de Galicia para a promoción da sociedade da información no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que terá entre outros os seguintes obxectivos:

1. Contribuír a que todos os galegos coñezan a utilidade en xeral das novas tecnoloxías e as posibilidades que ofrece a cada un na súa situación particular.

2. Resaltar a importancia de aprender a usar as principais ferramentas informáticas e de comunicacións, para poder utilizar os servizos que ofrecen as redes.

3. Facer chegar os anteriores obxectivos dun xeito especial a todas as Pemes galegas para que se fagan conscientes da necesidade de incorporación das novas tecnoloxías.

4. Impulsar foros e conferencias que prestixien a importancia da sociedade da información en todos os niveis.

5. Facilitar e animar a todos os medios de comunicación galegos e nacionais para que xunten os seus esforzos nesta liña e difundan de modo insistente as mensaxes sobre a importancia da converxencia en materia de sociedade da información.

6. Facilitar a complementariedade e a coordinación entre todas as institucións e administracións públicas para que os efectos obtidos polas accións sexan crecentes.

7. Obter unha proposta básica de desenvolvemento de identidade corporativa do Plan marco de actuación.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG do 20 de xullo de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 148.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 26 de agosto de 2004.

Adxudicatario: Brétema Consulting, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación:

Cento trinta e nove mil douscentos euros (139.200 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2004.

Jesús Vázquez San Luís

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio