DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 10 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/357).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as

actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Campolongo-urbanización Anacara sector 1 Perbes.

Situación: Pontedeume e Miño.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,338 km, con orixe no apoio s/n da L.M.T. PED-709, liña Eume 1, tramo Crego-Aguabar (expediente 52667), condutor tipo R.H.Z.1, e final en cela de liña en C.T. M. urbanización Anacara (obxeto de destoutro proxecto). Concellos de Pontedeume e Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 10 de novembro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña