DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx. 18.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2004, da Inspección Xeral de Servizos, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 810/2004 interposto por José Manuel Leiras Fernández.

A Inspección Xeral de Servizos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite

a trámite o recurso contencioso-administrativo número 810/2004 interposto por José Manuel Lerias Fernández, contra acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de xullo de 2004, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), publicado por Resolución do 16 de xullo de 2004 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (DOG nº 145, do 28 de xullo, corrección de erros DOG nº 204, do 20 de outubro).

En consecuencia, esta inspección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2004.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servizos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA