DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 28 de decembro de 2004 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza

(283/2004). Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 283/2004, por instancia de Margarita Fiallega López contra Hostal Restaurante Autovía, S.L. sobre salarios nos que recaeu sentenza, con data do 22 de novembro de 2004 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido: que estimando a demanda promovida por Margarita Fiallega López contra Hostal Restaurante Autovía, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.556,97 euros por todos os conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentenza, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que, ao tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.605 0000 60 0283 04, a cantidade obxecto de condena, poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentenza. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0283 04 e entregar o xustificante na secretaría

ao tempo de interpoñer o recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Hostal Restaurante Autovía, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 22 de novembro de 2004.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA